Deportes
O Arenteiro conseguíu os tres puntos no partido matinal xogado no campo de Oira con un gol en cada periodo. Os pontinos marcaron o seu xa co tempo cumplido.
C.D. Arenteiro: Pachi, Xurxo, Carlos Escudero, Dabarca, Tazos, Gabriel, Iago, Pablo Piñeiro, Prada ( Bardelás ), Martín ( Oliver Pájaro ) e Marcos Sotelo ( David Soares ).
O Partido: Comezou con ímpetu o Arenteiro que aos 6 minutos adiantabase no marcador tras un disparo de Marcos Sotelo que repelen primeiro o porteiro e despois o longueiro, o balón chega a Prada que marca a placer. Nos minutos seguintes o Arenteiro pudo sentenciar con dúas ocasións de Martín e outra posterior de Pablo Piñeiro, que desaproveitaron ambos. Non obstante, o Arenteiro foi indo de máis a menos e antes do descanso dispuxeron os locais doutra clarísima ocasión para empatar o partido, pero Pachi rexeitou o ún contra ún e evitou o gol pontino. No arranque da segunda parte o Arenteiro volveu a facerse co control do xogo e no minuto 61 chegaba o 0-2 en xogada persoal de Marcos Sotelo. Depois, o árbitro anularía un gol a David Soares e co tempo xa cumplindose, no minuto 90, ao saque dun córner Schuster consigue de cabeza o gol local.
Sumar dun nun non lle vale ao Arenteiro, asi que o empate ante o Centro de Deportes Barco en Espiñedo representa un novo paso atrás nas posibilidades dos verdes na loita por salvarse do descenso de categoria.
C.D. Arenteiro: Macía, Xurxo, Carlos Escudero, Tacón, Dabarca, Iago, Gabriel, Kennedy, Martín ( Bardelás ), David Soares e Marcos Sotelo ( Prada ).
O Partido: Outra xornada máis o Arenteiro non soubo aguantar o resultado ao seu favor, unha circustancia que se ven repetindo durante a maioria dos partidos esta tempada. Desta vez, os carballiñeses adiantabanse moi pronto, aos 6 minutos ao aprobeitar David Soares un rexeite da defensa visitante. O equipo valdeorrés empataba o partido no minuto 24, e asi transcurría o resto da primeira parte, con moi poucos argumentos futbolísticos por ambas partes. Na reaunudación, o cansancio físico e o mal estado do terreo de xogo condicionaron un partido que asi e todo pudo resolverse a favor de calquera dos dous equipos, que pelearon atá o último minuto acuciados pola necesidade dos puntos en xogo, precisamente nese último suspiro de partido Gabriel pudo sentenciar a favor do Arenteiro pero o seu remate saíu moi desviado da portería valdeorresa.
O Arenteiro deixou escapar unha magnífica oportunidade de levarse os tres puntos na súa visita ao José Arjiz ante un flouxo Verín, ao final o equipo carballiñés rematou con 9 xogadores o partido polas expulsións de Pablo Piñeiro e Tazos, e consigue un punto que non vale para moito.
C.D. Arenteiro: Macia, Xurxo, Carlos Escudero, Dabarca, Tazos, Gabriel, Iago ( Tacón ), Pablo Piñeiro, Kennedy, Martín ( Marcos Sotelo ) e David Soares ( Bardelás ) .
O Partido: O gardameta do Arenteiro Macía pasou completamente inédito durante todo o partido, o que da unha idea da escasa bagaxe ofensiva dos verinenses. Aos carballiñeses funcioaballe a presión que exercian sobre o rival e conforme ían pasando os minutos os locais amosabanse máis nerviosos e imprecisos, unha mágoa que o Arenteiro non soubese aproveitarse desta circustancia durante o tempo no que mantivo os 11 xogadores no campo atá o minuto 70 cando unha doble amarela a Pablo Piñeiro equilibrou un partido que ata ese momento dominaba o Arenteiro. A unhos minutos para o final o árbitro, que estivo moi mal, deixa ao Arenteiro con 9 xogadores no campo ao expulsar, tamén por doble amarela a Tazos, tras sancionalo cunha falta que non foi. Aínda asi, o Arenteiro non se descompuxo e aguantou o resultado ata o final sen ningún perigo.
Reparto de puntos entre dous equipos que necesitaban da victoria, aínda que por motivos ben diferentes, os de Redondela para entrar en postos de ascenso e os carballiñeses para escapar do descenso directo, ao final un punto que deixa tan insatisfeitos a unhos como a outros.
C, D, Arenteiro: Pachi, Xurxo, Carlos Escudero, Pablo Dabarca, Tazos, Gabriel, Alex (Iago), Kennedy (Prada), Martín (Marcos Sotelo), David Soares (Bardelás) e Pablo Piñeiro.
O Partido: Malia que por Espiñedo pasou un dos equipos máis en forma do campionato nos últimos meses e aos 8 minutos mandou un balón ao poste da portería de Pachi, Choco e Arenteiro desputaron un encontro bastante equilibrado e no que ambos -pero máis os verdes- desperdiciaron boas ocasións para levarse os tres puntos. Pero igual que o pasado domingo en Ponteareas, ao Arenteiro fáltalle pólvora nos metros finais, de feito tivo que ser un defensa -Xurxo- quen adiantase aos carballiñeses no marcador no minuto 51. Eso sí, xusto é recoñecer que o equipo loita ata o último minuto de partido.
O C.D. Arenteiro pudo gañar os tres puntos pero a fortuna aliouse coa Cultural Areas, ata por dúas veces os paus da portería local repeleron nos últimos minutos os balóns dos dianteiros carballiñeses. Antes, o Arenteiro dispuxera dunha inmellorable ocasión para marcar e o árbitro non quixo ver unha xogada na área local, na que os xogadores do Arenteiro reclamaron con insistencia penalti sobre Pablo Piñeiro.
C.D. Arenteiro: Pachi, Xurxo ( Marcos Sotelo, m.45 ), Carlos Escudero, Dabarca, Tazos, Gabriel, Iago, Bardelás ( Oliver Pájaro, m. 89 ), Pablo Piñeiro, Martín e David Soares.
O Partido: Comezou xogando máis e mellor o Arenteiro, chegando con máis facilidade á área que o seu rival, non obstante durante este periodo non se rexistraron ocasións de gol en ningunha das dúas porterías. Foi a partir da reanudación cando se viron as mellores oportunidades para desnivelar o marcador, as máis claras a favor do Arenteiro. Aos 58 minutos Pablo Piñeiro supera en carreira ata tres defensores da Cultural Areas e cando se dispoñía a culminar a galopada acaba no chan, os carballiñeses reclaman o penalti que o árbitro non pita e as protestas valenlle a expulsión ao delegado do Arenteiro. Os locais moven con fluidez o balón atrás pero teñen moitas dificultades para superar o hoxe ben armado sistema defensivo do Arenteiro, de feito Pachi só ten que empregarse a fondo para repeler un tiro lonxano que levaba moito perigo. Aos 73 minutos o Arenteiro sae á contra con tres atacantes por un único defensor local, non obstante a xogada culmina sen éxito atallando o porteiro local o centro de Marcos Sotelo. Nos últimos miuntos veñen as outras dúas ocasión de gol para o Arenteiro. Aos 86 m. o balón vaise ao poste tras unha xogada de David Soares e cando o meta local xa estaba batido. E aínda tería o Arenteiro a última do partido, no m. 91, unha falta que tira Marcos Sotelo, o balón vaise directamente á cruceta da portería da Cultural Areas. Meritorio partido dos carballiñeseses no campo do líder, malia presentarse con tan só 13 xogadores do primeiro equipo, nunha convocatoria que tivo que completarse con tres xuvenís.
O Arenteiro acabou por entregar un partido que ía gañando ata o minuto 74, unha derrota que complica aínda máis a situación na táboa clasificatoria dos carballiñeses e mingua considerablemente as aspiracións de salvación do descenso directo.
C.D. Arenteiro: Pachi, Xurxo ( Tacón, m.73 ), Carlos Escudero, Dabarca, Tazos, Gabriel ( Iago, m.88 ), Alex, Pablo Piñeiro, Martín ( Iglesias, m. 63 ), David Soares ( Bardelás, m. 80 ) e Prada.
O Partido: Con dúas partes claramente diferenciadas, na primeira sen que ningún dos dous equipos conseguise facerse co control do xogo e tampouco sen ocasións manifestas de gol, salvo unha xogada en cáda área, o Lalín desperdiciouna e aproveitouna o Arenteiro para adiantarse no marcador no minuto 41. Martín consigue por tesón levarse un balón que envia cara o centro da área onde David Soares remata sobre o porteiro do Lalín, no rexeite Prada non falla e adianta os carballiñeses. Na segunda parte os dezanos fixeronse progresivamente co control do centro do campo e pasaron a dominar claramente o partido, aínda que os 52 m. unha gran galopada de Pablo Piñeiro pudo servir para ampliar a ventaxa local no marcador, puxo un magnifico balón aos dianteiros carballiñeses pero nin Martín nin Soares, que rematou moi alto, souberon resolver. O Lalín seguía avisando, e tras ver como lle anulaban un primeiro gol por fora de xogo, aínda tería tempo para darlle a volta ao marcador con dous golazos nos minutos 74 e 91 de partido. Lamentablemente, o Arenteiro tirou o partido na segunda parte e os dezanos non perdoaron.
O deportista do Ximnasio Taebek do Carballiño proclamouse sub-campión de España na categoria absoluta, a reservada para pesos pesados de máis de 87 kilos.
O campionato desenvolveuse na localidade de Oropesa del Mar, na provincia de Castellón, este pasado sábado 16 de marzo. O deportista carballiñés Cristobal Amoedo Losada formaba parte da delegación da Federación Galega de Taekwondo e conseguíu o subcampeonato na súa categoria, na que se impuxo o madrileño Adrián Cabo.
O Arenteiro logrou adiantarse moi pronto no marcador, faciao aos 10 minutos nunha xogada de intelixencia da dianteira carballiñesa cando David Soares en situación de fora de xogo quedase parado pero dando opción a Kennedy que, vindo dende atrás gaña en velocidade á defensa local e cruza coa esquerda ante a saída do porteiro do Valadares.
A partir de adiantarse no marcador os carballiñeses, que xogaban a favor do intenso aire que facía no campo da Gándara, souberon aguantar ben atrás, sen pasar por grandes apuros. Á media hora de xogo o partido poñíase un chisco máis de cara para o Arenteiro ao quedar o Valadares con 10 xogadores no campo por expulsión do seu gardameta, que víu a vermella directa por xogar coa man fora da área un balón de David Soares.
Logo de comezar a segunda parte, aos 5 minutos, o árbitro volvía equilibrar aos dous equipos expulsando a Kennedy, que caeu na trampa das continuas provocacións dos xogadores locais. Os minutos ían transcurrindo e o Arenteiro non pasaba or situacións comprometidas, mentres que á contra tivo aínda un par de ocasións para incrementar un resultado que, polos méritos de unhos e outros pode considerarse xusto.
O mellor, evidentemente os 3 puntos que lle permiten ao Arenteiro seguir con opcións de salavarse do descenso. O pior, a expulsión de Kennedy, que será sancionado e a lesión de Tazos, que se suma a xa ampla lista de baixas no equipo. E o domingo outro partido decisivo ante o C.D. Lalín.
A victoria ante o Unión Grove mete ao Arenteiro na loita para salvarse do descenso, tras os 3 puntos ante os grovenses queda antepenúltimo na clasificación, aínda que agora a tan só 4 puntos do Verín C.F., o equipo que marca a liña para conservar a categoria, polo menos para librarse do descenso directo.
C.D. Arenteiro: Pachi, Xurxo, Gabriel, Carlos, tazos, Alex (Iago), Pablo Piñeiro, Kennedy, Prada (Bardelás), David Soares (Martín) e Marcos Sotelo (Tacón).
O Partido: Polo menos emoción non lle faltou a un encontro no que os xogadores de ambos equipos tiveron que facer un esforzo físico extra polo lamentable estado do campo de Espiñedo, moi tocado pola chuvia, emoción polo marcador e a importancia dos puntos en xogo nun partido no que houbo atá 3 penaltis, dous a favor do Arenteiro. O primeiro aos 10 minutos sobre David Soares, que Kennedy desperdicia lanzando o balón fora. Aos 36 minutos o árbitro decreta un novo penalti na área visitante, esta vez sobre Kennedy, que transforma Tazos adiantando aos verdes. Xa na segunda parte, aos 66 minutos trallazo de Alex dende 25 metros directamente á escadra da portería do Grove, inalcanzable para o porteiro. Cando o partido parecía definitivamente resolto volve a incertidume tras marcar os visitantes de penalti, cometido por Iago, que víu a vermella directa nesa xogbada, corría o minuto 82 e o Arenteiro quedabase con 10 xogadores, foi suficiente para aguantar o resultado atá o final.
Un gol en propia meta dos carballiñeses no minuto 22 fixo que os carballiñeses tivesen que encarar o partido co marcador en contra, que acabarían por ampliar os locais co tempo xa cumplido, no minuto 92.
O infortunio de Pablo Dabarca, que fixo o gol en propia meta, descompuxo a un Arenteiro que xa non foi quen de enderezar o rumbo do partido xogado no campo do Carballo da localidade de Atios, no municipio de Porriño, onde os verdes ofreceron unha bastante pobre imaxe. Os xogadores do Arenteiro reclamaron un penalti sobre Soares no minuto 73 de partido, que o colexiado pontevedrés Veiga Gómez non quixo ver na área do equipo local. Xa no tempo de desconto, Fondevila facía o 2-0 defintivo. O Arenteiro perdeu a Iglesias no minuto 15 de partido, por lesión.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- …
- seguinte ›
- última »