Deportes

13, Setembro 2013

Os dianteiros Walter Martín e Diego Quiroga, éste último chegado  ao Arenteiro procedente do Club Lemos, adestraron xa con normalidade esta semana, polo que ambos poden entrar na convocatoria para o partido deste domingo -17,30 horas- en Espiñedo ante o AT. Vilariño.

A incorporación de ambos pode ser un alivio para o adestrador Miki López, xa que os outros dous dianteiros dos que dispón, Cancelas e Manu, non poideron adestradar durante toda a semana, o primeiro por motivos laborais e o segundo aqueixado de molestias, que xa lle impediron xogar o pasado domingo en Ramirás. O resto do plantel está dispoñible, incluido Alex, que comezou a semana con molestias.

Trala derrota do pasado domingo, ao Arenteiro so lle vale a victoria ante o AT. Vilariño para non perder de vista os primeiros postos da clasificación, onde debe estar o equipo carballliñés nesta competición da 1ª Autonómica.

8, Setembro 2013

O de Santa Isabel de Ramirás sigue sendo un campo maldito para o Arenteiro, e tamén o foi desta vez, o equipo carballiñés non se adaptou ao terreo de xogo de terra e sufre unha derrota no segundo partido de liga na 1ª Autonómica.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Dabarca, Oscar Portos ( Omar, m. 70 ), Alex, Canexón ( Meji, m. 76 ), Victor Gallego, Marcos Sotelo ( Cancelas, m. 86 ), Adrián Núñez e Prada ( Bardelás, m. 60 ).

O Partido: Gañou o equipo que máis intensidade puxo, e éste foi o C.D. Ramirás. Dous tantos de Alberto en cada tempo, o segundo deles un golazo, chutando dende fora da área grande por toda a escadra, supuxeron unha derrota que debe servir ao Arenteiro para aprender ben a lección e saber que nesta competición vaise encontrar con este tipo de partido en máis dunha ocasión.

1, Setembro 2013

Comezou a liga nun Espiñedo cun remozado aspecto na súas intalacións, incluido o terreo de xogo, que presentaba un magnifíco aspécto. Os verdes, que comezaban o campionato coas baixas dos dianteiros Cancelas, Diego Quiroga e Walter Martín, lograron tres goles que lle valen a primeira victoria na 1ª autonómica.

C.D. Arenteiro : Pachi, Carlos, Diego López, Dabarca, Lois ( Oscar Portos ), Omar ( Alex ) , Victor Gallego, Adrián Núñez ( Bardelás ), Canexón, Manu e Marcos Sotelo ( Prada ).

Goles

1--0. Minuto 43, Adrián Núñez.

2-0. Minuto 46, Victor Gallego.

3-0. Minuto 89. Manu.

O Partido: Tardou o Arenteiro en facerse co control do partido e crear perigo na portería da S.D.C. Arrabaldo, ata que mediada a primeira media hora o adestrador local Miki López fixo unha variación táctica e situou de segundo dianteiro a Adrián Núñez, que sería precisamente o autor do primeiro gol local. Na segunda parte, o C.D. Arenteiro fíxose co control absoluto do partido e chegaron as ocasións na área rival, sobre todo nos últimos 20 minutos, cando o Arenteiro pudo incrementar aínda máis o marcador ao seu favor.

10, Agosto 2013

No primeiro partido de liga, o dia 1 de Setembro -17,30 horas-  os carballliñeses recibirán en Espiñedo a ún dos equipos recén ascendidos á 1ª autonómica, a SDC Arrabaldo.

O primeiro desprazamento para o C.D. Arenteiro será ao campo de Santa Isabel, onde se enfrontará ao Ramirás o domingo dia 8. No terceiro partido do campionato de liga o C.D. Arenteiro regresará a Espiñedo, o domingo dia 15, en plena celebración das festas do Setembro, para medirse ante outro dos recén ascendidos, o AT. Vilariño.

Despois, os carballiñeses xogarán dous partidos seguidos como visitantes, desplazandose nas seguintes xornadas aos campos do Taboadela e  Sporting Celanova.

RESULTADOS NOS PARTIDOS DE PRETEMPADA

C.D. ARENTEIRO - U.D. BARBADÁS     0-1

C.D. ARENTEIRO - C.D. CEA ( 45 Minutos )  0-1

C.D. ARENTEIRO- MASIDE F.C. ( 45 Minutos)  2-1

C.D. CEA - C.D. ARENTEIRO  1-5

BARBADÁS B - C.D. ARENTEIRO ( 45 Minutos)   3-2

POLÍGONO - C. D ARENTEIRO ( 45 Minutos )   0-2

MELIAS - C.D. ARENTEIRO   1-1

F.C. LEIRO - C.D. ARENTEIRO   1-6

10, Agosto 2013

O equipo panadeiro gañou o triangular de futbol  desputado na tarde-noite deste venres no municipal de Espiñedo, dentro da programación festiva do polbo carballiñés.

No primeiro partido, o C.D. Cea venceu ao C.D. Arenteiro por 1-0. Despois, Maside F.C. e C.D. Cea empataron a dous goles, e no terceiro partido, o Arenteiro impúxose ao Maside por 2-1. Desta maneira, o equipo ceano gañou o torneo.

OS PRÓXIMOS PARTIDOS DO ARENTEIRO SERÁN EN CEA, NO CUADRANGULAR DE BARBADÁS E EN MELIAS.

O equipo continúa a pretempada, no campo do Lodairo e nun novo enforntamento co Cea,. o C.D. Arenteiro venceu aos locais por 1-5. Os próximos compromisos serán o domingo 18 e o mércores 21 de Agosto. O domingo no campo de Os Carris de Barbadás, nun cuadrangular no que competirá con Barbadás, Barbadás B e Polígono. O mércores desplazaráse atá Melias.

O domingo 25, festa da vendima en Leiro, os carballiñeses xogarán un novo partido amigable  co equipo da vila ribeirán no campo do San Bartolomé de Leiro.

4, Agosto 2013

Serán tres partidos de corenta e cinco minutos cada un os que se xogarán neste triangular de fútbol no municipal de Espiñedo, dende as oito e cuarto da tarde deste venres 9 de agosto. Ás nove e cuarto xogaráse o segundo partido do triangular, e finalmante, ás dez e cuarto o último e definitivo

O torneo servirá para seguir avanzando na pretempada para os tres equipos. C.D. Cea e Maside F.C. con vistas á súa posta a punto pensando na competición na que a próxima tempada volverán ambos coincidir, na 2ª autonómica, mentres que C.D. Arenteiro competirá na 1ª autonómica.

C.D. Arenteiro 0 Barbadás 1

No primeiro partido da pretempada xogado este pasado domingo en Espiñedo, o equipo da terceira división gañou aos carballiñeses por un solitario gol, acadado cando estaba a piques de cumplirse os primeiros 45 minutos, antes, Óscar e Marcos Sotelo tiveron ocasións para adiantar ao Arenteiro. Na reaunudación o marcador xa non se moveu.

O C.D. Arenteiro, que chegaba a este partido con apenas 4 sesións de adestramento, deixou boas sensacións, sobre todo na primeira parte. Neste encontro aínda non poideron xogar, por diversos motivos, Walter Martín, Prada, Manu, Omar, nin tampouco as novas fichaxes Adrián Núñez e Diego Quiroga.

Exentos na primeira ronda da COPA

O C.D. Arenteiro quedou exento na primeira eliminatoria da Copa Deputación, tras o sorteo celebrado na Delegación Provincial de Fútbol. 

30, Xullo 2013

O equipo ourensano da terceira división será o rival do C.D. Arenteiro no primeiro amigable da pretempada, que os carballiñeseses comezaron este pasado lúns, e tras catro sesións de adestramento que completarán durante a semana, o domingo 4 ás sete da tarde chegará o primeiro amigable de agosto. O venres dia 9 xogaráse un triangular dende as oito da tarde, tamén en Espiñedo, no que participarán C.D. Cea, Maside F.C e C. D. Arenteiro.

A primeira sesión de adestramento faltaron Prada e Escudero, que se incorporan ao grupo no transcurso da semana. Un total de 23 xogadores tomaron parte nesta primeira sesión baixo a dirección de Miki López e Borja Quintas. Ademáis dos xa confirmados anteriormente, sumaronse ao grupo Diego López, que xogou nos últimos anos no Barbadás, e os xogadores locais Oscar e Marcelo. 

Antes de comezar a sesión, gardouse un minuto de silencio en memoria das víctimas da traxedia ferroviaria de Santiago. Logo, o presidente do club, Xan Pinal, deu a benvida a todos os que inician este novo curso "que comezamos co obxetivo de situar ao Arenteiro entre os mellores da categoria", dixo. Pola súa parte, o responsable técnico, Miki López, solicitou o apoio da afición e anunciou "traballo e máis traballo", 

20, Xullo 2013

Arranca o novo proxecto de C.D. Arenteiro para competir a vindeira tempada na 1ª autonómica coa presentación de xogadores e técnicos, seguidamente Miki López dirixirá o primeiro adestramento que consistirá na desputa dun partidiño.

Os que acudan o lúns 29 ás 20,30 da tarde ao municipal de Espñedo, encontraránse cunha primeira e agradable sorpresa: o novo aspecto que presenta o terreo de xogo, moi recuperado tras mes e medio de intenso traballo executado pola empresa "Agroestévez", empresa especializada á que o concello do Carballiño  encargou este traballo. Realizouse un plan intensivo de recuperación dun terreo de xogo que estaba moi deteriorado e esperase que agora coas labores de mantemento poida conservarse o magnífico aspécto que xa ofrece.

Ademáis, contando coa colaboración do concello do Carballiño, van acometerse diversas melloras, que se fan moi necesarias, tales como o acondicionamento da valla na zona de tribuna e na instalación eléctrica, asi como nos vestiarios. Tamén se vai melloar o sistema de megafonía e dar unha capa de pintura tanto a vestiarios, como o túnel da tribuna e a entrada principall.

CARNÉS DE SOCIOS A 5O EUROS PARA A PRÓXIMA TEMPADA.

Tal como se anunciou por parte do novo presidente na asemblea celebrada o pasado dia 12, o prezo dos carnés de socio baixará dos 80 euros da pasada tempada aos 50 euros para a tempada 2013-2014. Con esta medida, esperase dar un importante estirón na masa social do club, moi mermada nos últimos anos.

A nova directiva marcouse o obxetivo de acadar os 400 socios durante este primeiro ano de mandato. Ademáis, crease o socio infantil -10 euros- coa idea de crear un vínculo co club dende cativiños, de tal maneira que conserven o número correspondente de asociado unha vez sexan adultos.

Doutra parte, os directivos do club traballan xa para acadar o obxetivo anunciado na pasada asamblea de socios, cubrir o orzamento fixado para esta tempada, cifrado en 64.500 euros, e no que se incluíu o primeiro pago da amortización da débeda recoñecida pola asemblea aos anteriores rectores do club.

9, Xullo 2013

Coa incorporación da última fichaxe, o dianteiro Diego Quiroga, a nova Xunta Directiva da practicamente por cerrado o plantel de efectivos cos que contará o adestrador Miki López para competir na Primeira Autonómica, tras consumarse o descenso de categoria do club carballiñés.

En relación ao plantel de Preferente do ano pasado causan baixa no club 8 xogadores: Iago Garrido e Xurxo que retornan ao Verín, Macia que vaise ao C.D. Barco, Soares que regresa ao Lalín, Pablo Piñeiro que se vai á súa terra como novo xogador do Ribadumia, Tazos, que comunicou o club que se vai o fútbol danés, Gabriel que fichou no Ourense B, e Kennedy, de momento sen equipo.

O club renovou a 7 xogadores da anterior tempada en Preferente: Pachi, Prada, Marcos Sotelo, Pablo Dabarca, Escudero, Bardelás e Walter Martín. Tamén se lle ofreceu a renovación a Tacón, aínda que por motivos de traballo o xogador non poderá incorporarse ata avanzada a tempada.

As altas que durante os últimos dias se foron confirmando son as seguintes: Lois, Canexón e Perdiz(  AT. Barbantes ) e Adrián Cancelas, que regresa ao Arenteiro despois do seu paso polo Ourense B. Tamén volve ao C.D. Arenteiro Alex, procedente do Melias. Do equipo xuvenil da E.M. F. incorporanse Omar e Manu, e ademáis farán a pretempada Joel, Rubén, Franki, e Miguel. Ademáis, o club tamén levou a cabo contactos para a reincoporación dos ex-Arenteiro Pana e Samuel, pero ambos xa estaban comprometidos con outros equipos.

Finalmente, confirmanse tamén a fichaxe de outros catro xogadores: Meji ( Club Lemos ), Luis Chamo e Adrián Núñez ( C.D. Velle )  Victor Gallego ( Verín C.F. ) e Diego Quiroga ( Club Lemos ).

Como segundo adestrador e preparador físico o club contará cos servizos de Borja Quintas.

ASEMBLEA DE SOCIOS O VENRES DIA 12 ÁS 21 HORAS

A nova Xunta Directiva expoñerá ante os socios o novo proxecto deportivo, económico e social para a vindeira tempada. A convocatoria está fixada para o venres dia 12 de xullo ás 21 horas no salón de actos da casa do concello do Carballiño.

8, Xullo 2013

O anuncio por parte dos responsables municipais de separar a actividade semanal do que é a competición dos fines de semana abre unha nova etapa na Escola Municipal de Fútbol Arenteiro.

Neste contexto, o Sporting Carballiño, club de fútbol que milita na 3ª autonómica, traballa nunha proposta aos pais e nais de alumnos, que se presentará ó lúns dia 8 de Xullo ás 21 horas na Sala de Exposicións do Casino do Carballiño, na rúa Tomás Maria Mosquera.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes