Deportes
Nin A Peroxa nin Arenteiro conseguiron marcar, asi que empate a cero goles, e tamén empate en canto a ocasións, as máis claras chegaron na segunda parte en ambas porterias, pero tanto o gardameta local Rubén como o carballiñés Pachy resolveron ben as situacións comprometidas que se lle presentaron.
En consecuencia, o reparto de puntos pode considerarse un resultado xusto. Con este marcador, o Arenteiro sigue fora de postos de ascenso, e ademáis acumula xa 3 xornadas sen conseguir a victoria, con dous empates e unha derrota nos 3 últimos partidos, e tan só dous puntos, unha bagaxe moi pobre para un equipo coas máximas aspiracións nesta liga e cun único obxetivo, como é o ascenso á preferente.
RESULTADOS DA XORNADA
J11 | UD Barbadas B | 2 - 2 | CD Allariz |
J11 | Ponte Ourense SAD | 2 - 1 | CF Monterrey |
J11 | Maside CF | 3 - 2 | CF Cortegada |
J11 | AT Villarino | 1 - 2 | Poligono San Ciprian |
J11 | CD Velle | 4 - 1 | CD Maceda |
J11 | SD Nogueira Ramuin | 3 - 2 | SD Melias |
J11 | A Peroxa CF | 0 - 0 | CD Arenteiro |
J11 | CD Ramiranes | 2 - 4 | AD Covadonga |
J11 | UP Taboadela | 1 - 1 | SD Valenza |
CLASIFICACIÓN
Pos | Equipo | Ptos | Ju | Ga | Em | Pe | Gf | Gc |
1 | SD Nogueira Ramuin | 24 | 11 | 7 | 3 | 1 | 22 | 12 |
2 | UP Taboadela | 21 | 11 | 6 | 3 | 2 | 19 | 11 |
3 | CD Arenteiro | 21 | 11 | 6 | 3 | 2 | 17 | 9 |
4 | CD Velle | 21 | 11 | 6 | 3 | 2 | 21 | 16 |
5 | CD Ramiranes | 20 | 11 | 6 | 2 | 3 | 20 | 14 |
6 | CD Allariz | 19 | 11 | 5 | 4 | 2 | 20 | 12 |
7 | AD Covadonga | 19 | 11 | 6 | 1 | 4 | 27 | 21 |
8 | A Peroxa CF | 18 | 11 | 5 | 3 | 3 | 18 | 11 |
9 | Ponte Ourense SAD | 18 | 11 | 5 | 3 | 3 | 15 | 13 |
10 | SD Valenza | 17 | 11 | 4 | 5 | 2 | 12 | 7 |
11 | CF Monterrey | 14 | 11 | 4 | 2 | 5 | 18 | 25 |
12 | Poligono San Ciprian | 13 | 11 | 3 | 4 | 4 | 13 | 13 |
13 | UD Barbadas B | 11 | 11 | 3 | 2 | 6 | 11 | 17 |
14 | SD Melias | 10 | 11 | 2 | 4 | 5 | 12 | 12 |
15 | Maside CF | 9 | 11 | 2 | 3 | 6 | 13 | 24 |
16 | AT Villarino | 8 | 11 | 2 | 2 | 7 | 13 | 22 |
17 | CF Cortegada | 5 | 11 | 1 | 2 | 8 | 12 | 25 |
18 | CD Maceda | 3 | 11 | 0 | 3 | 8 | 9 | 28 |
No mesmo escenario no que Manolo foi xogador e adestrador, na "Pista Roxa" do Carballiño, tivo lugar este emotivo acto que consistíu na entrega ao homeaxeado dunha placa e unha camiseta do Club Ourense Baloncesto, por parte do actúal Presidente do COB, Jorge Bermello. Ademáis, tamén estiveron presentes numerosos ex-xogadores e compañeiros das disntintas etapas que tivo o Club Baloncesto Carballiño, do que Manolo Celta foi sempre o seu alma-mater, con él ascendeu o baloncesto carballiñés as suas cotas máis altas, chegando a competir un par de temporadas en liga EBA. A falta de apoios e axudas, sobre todo por parte das institucións, como o Concello do Carballiño, levou a desaparición do club. Sen embargo, a este acto no que se recoñeceu a labor de tantos anos de Manolo Celta, acudíu unha representación política da Corporación do Carballiño encabezada polo seu Alcalde Argimiro Marnotes.
O Ramirás chegou a Espiñedo co propósito de gañar o encontro e conseguíuno, cun plantexamento do partido moi valente, o Ramirás sacou a relucir as carencias que sigue amosando nesta liga o Arenteiro. Nin indo por diante no marcador os de Ramirás se botaron atrás, pola contra, seguiron practicando a súa proposta de fútbol ofensivo, e consegurion o seu obxetivo, levarse os 3 puntos en xogo.
No primeiro minuto de partido xa se adiantaban no marcador os visitantes, aínda que logo chegaría a resposta do Arenteiro cunha combinación -das poucas desta primeira parte- que nacía nas botas de Canexón e culminaba dentro da área Marcos Sotelo, cumpliase o minuto 8 de partido, e parecía que o Arenteiro logo se faría co mando do encontro. Nada máis lonxe da realidade, porque apenas 7 minutos tardaría o Ramirás en volver situarse por diante no marcador, faciao por medio dun zurdazo que o seu lateral lanzaba desde as inmediacións da área que se colaba na portería carballiñesa. Aínda había moito partido por diante, pero o marcador sería xa inamovible. Durante toda esta primeira parte o Ramirás xogou máis e mellor, estivo moi ben posicionado no campo e xogando sen ningún tipo de complexo, multiplicando os seus efectivos cada vez que atacaban e replegando moi ben as súas liñas cando trataban de facélo os locais. Mentres, o Arenteiro era incapaz de aproximarse con perigo á portería visitante, o seu recurso era enviar balóns aéreos a Iglesias, que pouco podía facer en solitario.
Xa no inicio do segundo periodo, os carballiñeses tiveron unha boa ocasión de empatar, pero o remate de Iglesias saíuse fora. Tras unhos minutos iniciais nos que parecía que o Arenteiro ía polo partido, o xogo volveu nivelarse atá o tramo final, cando o Arenteiro volveu apretar, con duas boas oportunidades que Marcos Sotelo e Iglesias non souberon aproveitar. Tralo pinchazo desta tarde, o Arenteiro perde fuelle nesta liga, e tras sumar unicamente un punto nos dous últimos partidos, situase fora de postos de ascenso.
O Arenteiro volveu ofrecer fora de Espiñedo a súa pior versión nesta liga, igual que 15 dias atrás en Taboadela, os carballiñeses volveron xogar un lamentable partido, desta vez no campo dos Carrís, ante a S.D. Valenzá. A diferencia entre aquél e este partdo foi que de esta vez o Arenteiro contou coa sorte ao seu favor, e tamén porque os locais fallaron varias ocasións de gol, ún par delas moi claras, unha delas a porteria valeira, e outra como consecuencia dunha falta lanzada sobre a área carballiñesa, atá 3 dianteiros da S.D.Valenzá viron pasar por diante un balón que ningún deles acertou a rematar, indose directamente fora de portería. Ainda no primeiro periodo os da Valenzá enviaron un disparo desde fora da área que foi pegar na cruceta da porteria defendida por Pachi. O Arenteiro non era capaz de entrar no partido e o único que parecía querer ganalo era a S.D. Valenzá.
Xa na reaunudación, chegarían os dous goles do partido. Aos 8 minutos adiantabanse os locais nun balón que cun bote envenenado nin a defensa nin o porteiro carballiñeses lograron atallar e introdúcese no fondo da porteria, apenas unhos minutos despois, cando se xogaba o minuto 15 desta segunda parte empataba o Arenteiro. Marcos Sotelo facíase cun balón, íase pola banda esquerda para sacar un centro raso que Iglesias rematou tal como viña, logrando unha igualada no marcador que xa non se movería atá o final.
Non mereceu máis este Arenteiro, acaso o punto obtido esta tarde pode considerarse un premio excesivo para o feito no campo dos Carrís, que foi moi pouco, e se gañou un punto foi porque os dianteiros da Valenzá non tiveron a súa tarde. Mentres, os carballiñeses tiveron hoxe unha altísima efectividade, xa que rentabilizaron a única ocasión que tiveron en practicamente todo o partido. Por quedarnos con algo positivo, farémolo co regreso ao equipo de Takón, que xogou o último tramo do partido, asi como de César, recuperado da súa lesión. Tamén é de xustiza salientar o traballo de Luis Vilachá no medio campo.
A segunda parte xogouse con lúz artificial, cunha iluminación deficiente. e bastantes afeccionados do Arenteiro na grada, que regresaron ao Carballiño decepcionados con este Arenteiro, malia sumar un punto.
O sábado 29 en horarios de mañá e tarde, e o domingo 30 en xornada matinal, a praza do concello do Irixo e o circuíto de trial da Pedriña, situado a carón da estrada O Carballiño-Lalíin, acollerán a última e decisiva proba do campionato galego de trial 4X4. A actividade conta coa colaboración do Concello do Irixo, o Alcalde Manuel Penedo invitaba nos micrófonos de COPE "a toda a xente para que visite o concello do Irixo, para ver este espectáculo e tamén para darse unha volta polo Irixo, onde temos bós restaurantes, bonitas paisaxes, e sobre todo, boa xente". Pola súa parte, o 1º Tenente de Alcalde, Lito Cerdeira destacaba "a continuada aposta que desde o concello do Irixo facemos en favor da promoción do deporte, con actividades como ésta do trial ou o espectáculo das motos que logo terémos e que traen moita xente atá O Irixo, e tamén co apoio que prestamos a outras actividades, como o fútbol de veteranos, o fútbol-sala, o cachibol ou a festa do cabalo".
Pola súa parte, o organizador da proba, Raúl López, comentaba que esperan a participación de unhos 20 vehículos, entre os que evidentemente se atopan os que teñen posibilidades de ganar o campionato, entre os que estarán os 2 pilotos do Irixo, o propio Raúl López e Javier González. O circuíto da Pedriña foi especialmente acondicionado para a ocasión, e ofrecerá varias novidades nas distintas zonas nas que se desenvolverá o recorrido desta emocionante competición.
Victoria ante a A.D. Covadonga nunha tarde de chuvia, incluso intensa por momentos, e no municipal de Espiñedo a mellor entrada nas gradas do que vai de tempada, notandose unha nutrida presenza de seguidores do equipo visitante que, malia a derrota, en ningún momento deixaron de animar aos seus. A chuvvia puxo o campo moi rápido para a circulación do balón, aínda que o céspede presentou un aspécto aceptable atá o final.
O partido tivo dúas partes nítidamente diferenciadas, unha para cada equipo. O Arenteiro presentabase cunha dianteira inédita na liga debido as baixas de Iglesias, por sancíón, e de Alén, lesionado, sen embargo, os verdes conseguirían encarrilar pronto o partido, na primeira media hora . No minuto 16 Pablo Dabarca cabecea un saque de esquina e logra o primeiro gol da tarde para o Arenteiro, tan so unhos minutos despois, no 22, Gele fai o segundo ao aporveitar un centro que lle chegou desde a dereita e desde o borde da área grande e tal como lle viña envia o balón pola escadra da portería visitante, un gran gol moi aplaudido pola afección local. E aínda non se cumplira a media hora de partido, no minuto 28, outra bonita combinación dos verdes é culminada por Carlos escudero cun centro-chut desde a banda dereita que, coa axuda do vento, colase na portería da AD. Covadonga.
Xa na reaunadación, os visitantes tomaron o mando no xogo, sobre todo a partir do minuto 56 tras a expulsión de Pablo Dabarca, por doble cartón amarelo. Desde ese momento a A.D. Covadonga convirtese en claro dominador do encontro, pero non consigue materializar con éxito ningunha das súas numerosas aproximacións á portería de Pachi, nin xiquera de Penalti cometido polo defensor local Igor, xa que Dacosta enviaría o balón ao longueiro. Aínda asi, o Arenteiro aínda tería unha clarísima ocasión para ampliar a súa victoria, tras un mal entendemento entre o porteiro e a defensa visitante, Canexón atopouse cun balón e o seu tiro, a porta valeira, pegou nun defensor e foise fora. Cos 3 puntos logrados esta tarde, o Arenteiro recupera o liderato na táboa de clasificación, desbancando precisamente dese posto á A.D. Covadonga.
RESULTADOS DA 8ª XORNADA
J8 | Ponte Ourense SAD | 0 - 1 | UP Taboadela |
J8 | CD Allariz | 3 - 1 | AT Villarino |
J8 | CF Monterrey | 3 - 4 | CD Velle |
J8 | CF Cortegada | 0 - 3 | SD Nogueira Ramuin |
J8 | Poligono San Ciprian | 3 - 1 | A Peroxa CF |
J8 | CD Maceda | 2 - 4 | CD Ramiranes |
J8 | SD Melias | 1 - 0 | SD Valenza |
J8 | CD Arenteiro | 3 - 0 | AD Covadonga |
CLASIFICACIÓN
Pos | Equipo | Ptos | Ju | Ga | Em | Pe | Gf | Gc |
1 | CD Arenteiro | 19 | 8 | 6 | 1 | 1 | 15 | 6 |
2 | UP Taboadela | 17 | 8 | 5 | 2 | 1 | 14 | 6 |
3 | AD Covadonga | 16 | 8 | 5 | 1 | 2 | 21 | 14 |
4 | CD Ramiranes | 16 | 8 | 5 | 1 | 2 | 16 | 9 |
5 | SD Nogueira Ramuin | 15 | 8 | 4 | 3 | 1 | 15 | 8 |
6 | CD Velle | 15 | 8 | 4 | 3 | 1 | 14 | 12 |
7 | CD Allariz | 14 | 8 | 4 | 2 | 2 | 14 | 8 |
8 | A Peroxa CF | 13 | 8 | 4 | 1 | 3 | 16 | 10 |
9 | SD Valenza | 12 | 8 | 3 | 3 | 2 | 8 | 5 |
10 | Ponte Ourense SAD | 12 | 8 | 3 | 3 | 2 | 12 | 10 |
11 | SD Melias | 8 | 8 | 2 | 2 | 4 | 9 | 8 |
12 | CF Monterrey | 8 | 8 | 2 | 2 | 4 | 13 | 22 |
13 | Poligono San Ciprian | 7 | 8 | 1 | 4 | 3 | 9 | 10 |
14 | UD Barbadas B | 7 | 8 | 2 | 1 | 5 | 7 | 13 |
15 | AT Villarino | 5 | 8 | 1 | 2 | 5 | 9 | 18 |
16 | CF Cortegada | 5 | 8 | 1 | 2 | 5 | 8 | 17 |
17 | Maside CF | 5 | 8 | 1 | 2 | 5 | 8 | 18 |
18 | CD Maceda | 3 | 8 | 0 | 3 | 5 | 7 | 21 |
Domingo para esquecer do Arenteiro en Taboadela, onde os locais foron mellores durante os 90 minutos ante un Arenteiro que en ningún momento logrou meterse no partido, quizás o esforzo do pasado mércores ante o Barbadás ou acaso que tampouco este equipo está aínda suficientemente rodado, o certo é que, tras irse con empate sen goles ao descanso, na segunda parte a U.P. Taboadela foi moi superior e cada vez que chegaba á portería de Samuel creaba perigo, tapouco é que chegase moitas veces, en realidade chegou catro veces e marcou tres goles.
Non necesitou a U.P. Taboadela facer máis para derrotar a un pobre Arenteiro, con enormes fisuras en defensa e sen o máis mínimo control do xogo no centro do campo. Se ben durante a primeira parte ambos comxuntos repartironse as ocasións de gol, na reanudación, nos primeiros 10 minutos o Taboadela sentenciou o partido con dous goles nun breve intervalo de tempo. Por se todo esto fora pouco, Alén tiña que retirarse do campo lesionado e Iglesias era expulsado por cartón vermello, antes xa vira o amarelo, ao enfrontarse a un xogador da U.P. Taboadela despóis de recibir un pisotón, o árbitro nin tan xiquera amonestou ao futbolista local e mandou a Iglesias ao vestiario, tras esa mesma xogada tamèn expulsou ao adestrador Dacosta por protestarlle a decisión.
Mal partido do Arenteiro ante un Taboadela que, polo visto atá agora entre os equipos que se enfrontaron ao Arenteiro, está chamado a estar no grupo de arriba. O Arenteiro, ou ofrece outra imaxe moi distinta ou terá dificultades para optar o ascenso, que é a única meta que se lle supón nesta liga. Trala derrota en Taboadela, os carballiñeses perden o liderato en favor do Covadonga, que será precisamente o próximo visitante en Espiñedo o vindeiro domingo.
RESULTADOS DA 7ª XORNADA
Maside CF | 1 - 5 | Ponte Ourense SAD | |
AT Villarino | 1 - 0 | UD Barbadas B | |
CD Velle | 1 - 4 | CD Allariz | |
SD Nogueira Ramuin | 1 - 2 | CF Monterrey | |
A Peroxa CF | 4 - 1 | CF Cortegada | |
CD Ramiranes | 2 - 1 | Poligono San Ciprian | |
SD Valenza | 2 - 0 | CD Maceda | |
AD Covadonga | 1 - 0 | SD Melias | |
UP Taboadela | 3 - 0 | CD Arenteiro |
Un solitario gol do ex-Arenteiro Martín no minuto 39 de partido apeou aos carballiñeses da copa Deputación. Durante a primeira parfte o Barbadás foi o equipo que dominou máis claramente o partido, aínda que tán só conseguia levar perigo ante a portería do Arenteiro a balón parado, nunha desas xogadas logrou o argentino o gol que daria a victoria aos azulóns, saque de esquina e Martin libre de marca dentro da área cabecea ao fondo da portería carballiñesa. Na segunda parte o partido equilibrouse e ambos equipos tiveron ocasións de facer gol, ainda que o marcador xa non se movería, nun partido no que o Arenteiro deu a cara ante un discreto Barbadás.
Xornada redonda para os dous representantes do fútbol comarcal na 1ª autonómica. O Arenteiro lograba unha traballada victoria no campo do Melias con goles de Iglesias e Dabarca, mentres que os masidaos conseguian no Outeiro Grande ganar o primeiro partido da liga ante o Taboadela. No campo de terra e reducidas dimensións da Abelleira de Melias, e noutra tarde de bastante calor, o Arenteiro foi xusto vencedor do partido, aínda que nos últimos minutos os locais dispuxeron de dúas claras ocasións para alomenos empatar o encontro. Os carballiñeses poideron resolver o partido moito antes, atá en catro ocasións os postes e o longueiro impediron que o Arenteiro tomase unha clara ventaxe no marcador tralo primeiro gol de Iglesias, que aproveitandose dun balón largo á area enviado por Viñas, vaise de dous defensores locais, fai un magnífico control co pé e cruza ao fondo da portería do Melias. Os locais empatarían máis tarde grazas a un dubidoso penalti que transformou para o Melias Mazorra. E tería que ser a balón parado, xa na segunda parte, cando o Arenteiro consiguise desnivelar o marcador, desde unhos 30 metros Dabarca lanzou un "zambonbazo" que se colou na porteria local, malia que o cancerbeiro Aarón chegou a tocar o balón, non foi suficiente para impedir o que sería o gol da victoria dos carballiñeses. O próximo partido de liga para o Arenteiro será tamén a domicilio, visitando ao Taboadela, antes o mércores 12 enfrontaráse ao Barbadás da preferente en Espiñedo, na eliminatoria a partido único da Copa Deputación.
Mentres, o Maside lograba unha meritoria victoria ante o Taboadela, equipo que chegaba ao Outeiro Grande como co-lider da categoria. Os masidaos consiguen asi o primeiro triunfo da competición ligueira.
RESULTADOS DA 6ª XORNADA
J6 | Maside CF | 1 - 0 | UP Taboadela |
J6 | Ponte Ourense SAD | 1 - 1 | AT Villarino |
J6 | CD Allariz | 0 - 1 | SD Nogueira Ramuin |
J6 | CF Monterrey | 2 - 1 | A Peroxa CF |
J6 | CF Cortegada | 0 - 1 | CD Ramiranes |
J6 | Poligono San Ciprian | 1 - 1 | SD Valenza |
J6 | CD Maceda | 1 - 5 | AD Covadonga |
J6 | SD Melias | 1 - 2 | CD Arenteiro |
CLASIFICACIÓN
Pos | Equipo | Ptos | Ju | Ga | Em | Pe | Gf | Gc |
1 | CD Arenteiro | 16 | 6 | 5 | 1 | 0 | 12 | 3 |
2 | AD Covadonga | 13 | 6 | 4 | 1 | 1 | 20 | 11 |
3 | SD Nogueira Ramuin | 12 | 6 | 3 | 3 | 0 | 11 | 6 |
4 | CD Velle | 12 | 6 | 3 | 3 | 0 | 9 | 5 |
5 | UP Taboadela | 11 | 6 | 3 | 2 | 1 | 10 | 6 |
6 | A Peroxa CF | 10 | 6 | 3 | 1 | 2 | 11 | 6 |
7 | SD Valenza | 9 | 6 | 2 | 3 | 1 | 6 | 4 |
8 | Ponte Ourense SAD | 9 | 6 | 2 | 3 | 1 | 7 | 8 |
9 | CD Ramiranes | 8 | 6 | 2 | 2 | 2 | 9 | 6 |
10 | CD Allariz | 8 | 6 | 2 | 2 | 2 | 7 | 6 |
11 | CF Cortegada | 6 | 6 | 1 | 3 | 2 | 7 | 9 |
12 | SD Melias | 5 | 6 | 1 | 2 | 3 | 8 | 7 |
13 | Maside CF | 5 | 6 | 1 | 2 | 3 | 6 | 10 |
14 | CF Monterrey | 5 | 6 | 1 | 2 | 3 | 8 | 17 |
15 | Poligono San Ciprian | 4 | 6 | 0 | 4 | 2 | 5 | 7 |
16 | UD Barbadas B | 4 | 6 | 1 | 1 | 4 | 4 | 11 |
17 | CD Maceda | 3 | 6 | 0 | 3 | 3 | 5 | 15 |
18 | AT Villarino | 2 | 6 | 0 | 2 | 4 | 7 | 15 |
A famosa réplica que reproduce a copa do mundo ganada pola selección española de fútbol estará esta fin de semana no salón de actos da casa do concello do Carballiño. Todas as persoas que desexen facerse unha fotografia poderán achegarse atá a casa do concello o sábado dia 8 desde as 6 da tarde ás 9 da noite, asi como o domingo pola tarde.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- …
- seguinte ›
- última »