Deportes
As dúbidas quedaron finalmente disipadas e a asamblea de socios do club confirmou a continuidade da actúal Xunta Directiva que preside Antonio Valiñas, xa que por ampla maioria rexeitou a posibilidade promovida por un grupo de socios liderado pola Ex-Presidenta Katy Alvarez, que viñan demandando nas últimas semanas a convocatoria de eleccións anticipadas, ó enteder que a xestión levada a cabo pola Directiva de Valiñas levou ó Club a un calexón de dificil saída. O Certo é que, tamén por ampla maioria, os socios aprobaron as contas da tempada 2009-2010, e desta maneira, implícitamente, tamén deron o seu parabén a xestión económica do actúal equipo directivo, que presentou un deficit acumulado de 22.942 euros. Tamén se aprobou a previsión orzamentaria para a vindeira tempada, que se fixou en 121.000 euros. Tal como se foron desenvolvendo as votacións no transcurso da asamblea xa se podía intuir que a intención do grupo opositor de forzar a saída da actúal directiva non tería éxito. E asi foi, chegado o punto de rogos e preguntas, Katy Alvarez entregou un escrito asinado por 33 socios, no que se pedia a convocatoria inmediata de eleccións á xunta directiva. Tras a discusión sobre algunhos aspéctos dos estatutos, finalmente a proposta someteuse á votación e a maioria dos socios presentes rexeitaron esa posibilidade. Valiñas e o seu equipo continuarán polo tanto á fronte do C.D.Arenteiro, xa que aínda lle quedan dous anos de mandato. Ademáis, tras a celebración desta asamblea a actuál directiva sae reforzada no seu apoio pola masa social do club, xa que a convocatoria tivo unha moi alta asistencia, arredor de 80 persoas, a maioria socios, e algunhos afecionados ós que se lle perimitíu a entrada. Xa no plano deportivo, confirmouse que Mindo será o adestrador ó que se confia o novo Arenteiro, do que se adiantou que "será un 75% carballiñés na composición do seu plantel" cara a vindeira tempada.
O mellor que podía suceder, que rematase a liga, ésta é a mellor noticia para o Arenteiro. Unha tempada que volveu estar marcada polos acontecementos extra-deportivos, tralo enfrontamento que mantiveron a plantilla do primerio equipo e a Xunta Directiva, e que tiña o seu desenlace có despido masivo da totalidade dos xogadores. Tan só Marcos Castro continuou defendendo a camiseta do Arenteiro. Unha insólita situación que levou ó equipo filial a xogar o resto da liga en preferente. Os inicios foron certamente prometedores, unha derrota pola mínima en Caselas e a sorprendente victoria ante o Arousa, pero logo se víu que aquelo era un espellismo, e a partir de entón este equipo foi de derrota en derrota, atá esta derrradeira ante o Marín, que chegaba a Espiñedo coa obrigación de gañar para manter a categoria. E foille moi fácil, practicamente sen oposición logrou o obxetivo, xa ós 19 minutos gañaba 0-2, e antes do descanso xa acadaba o resultado que sería definitivo, con outros dous goles. Partido sen historia dada a enorme diferencia entre os dous equipos. Agora, agardar que o ano que ven o Arenteiro poida presentar un equipo competitivo, nunha liga na que xa non estarán os ascendidos Portonovo e Estradense, e tampouco os descendidos Celanova, Caselas, Tomiño, Nogueira e Covadonga.
O Arenteiro conserva tres puntos de ouro meritoriamente gañados no terreo de xogo e que, debido o carrusel de descensos motivos polos arrastres de 3ª división, resultan suficientes para estar fora de todo perigo. Os 49 puntos actúais sitúan o Arenteiro fora de toda continxencia, independientemente do resultado que acade este vindeiro domingo no derradeiro partido do campionato ligueiro en Espiñedo ante o Marín C.F., ún dos equipos inmersos na loita por manter a categoria. O Comité de Apelación volve asi desestimar, como antes xa fixera O Xuíz Único de competición, a reclamación presentada polo Arousa por presunta alineación indebida do Arenteiro no partido xogado en Espiñedo o pasado 7 da abril, e no que os arousanos caían sorpredentemente derrotados (3-2) polo "Baby Arenteiro". O Arousa quédalle agora unha derradeira posiblidade, que é a de acudir ó Comité de Disciplina Deportiva da Xunta de Galicia, algo pouco probable xa que a un partido do remate da liga o Aorusa xa perdeu toda opción posible cara o ascenso.
(Remitido) Carballiño fs "objetivo conseguido " segundo clasificado y a esperar el play off .....pero bueno como siempre lo importante es el Arenteiro asi que, semana soporifera sobre ese tema otra vez. Colmenero campeón de España con la selección gallega ......pero lo importante es quien va a hundir al arenteiro para el año si la directiva saliente si sale o la entrante si entra. Los benjamines de futbol sala (E.M.F) subcampeones gallegos pero hablareis de la derrota del arenteiro durante toda la semana. Oscar juvenil del carballiño fs campeon de españa con la seleccion gallega .....pero no importa lo importante sera saber como van las obras de espiñedo.
Por vez primeira neste tipo de competicións, O Concello do Irixo acollerá este domingo dia 9 da maio a celebración da 3ª proba puntuable para o campionato galego de Enduro, que atraerá a centos de afecionados procedentes de toda a xeografía galega. O Tenente-Alcalde Manuel "Lito" Cerdeira salientou "a importancia de que este acontecento se celebre no Irixo, xa que desta maneira serán centos de persoas as que coñezan o noso Concello e pasen entre nós a fin de semana". Son en total 90 os pilotos que tomarán parte nesta competición, como avanzou José Canda, en representación da organización, que conta coa colaboración do "Club Sobre Rodas", o "Moto Club Móvete na Moto", e o propio Concello do Irixo. O ambiente moteiro xa comezará a notarse na xornada do sábado, con motivo das verificacións técnicas e administrativas que se farán na praza do concello do Irixo. Desde este mesmo lugar, sairán os participantes neste campionato galego de Enduro o domingo ás 9 da mañá, para dirixirse atá montes próximos á localidade da Ermida, ónde terá lugar un circuíto especial de 5 kilómetros, para continuar despois polos por dintintos pobos no entorno do Irixo, atá completar un recorrido de 37 kilómetros. A entrega de premios faráse ás 4,30 da tarde. Entre os pilotos participantes estará Xacob Agra, que foi recentemente subcampión mundial desta modalidade deportiva.
Dous favores arbitrais e consecutivos abriron o camiño do triunfo para o líder da categoria no partido xogado esta tarde no campo de Espiñedo. Xa se consumía o primeiro cuarto da segunda parte e o Choco, atá ese momento, fora incapaz de superar ó Arenteiro, que se defendía con órden e criterio ante as acometidas en ataque do equipo redondelán. O primeiro gol dos visitantes chegaba tralo lanzamento dun córner e precidido de falta na área pequena ó porteiro local Pachi, que o árbitro non quixo ver. Practicamente na seguinte xogada, invéntase un penalti e ademáis deixa ó Arenteiro con 10 xogadores por expulsión do defensa Diego. O Choco tranforma a pena máxima e acabase o partido, descaradamente condicionado por dous erros arbitrais de bulto. Despois, viñeron os outros tres goles, cando o arenteiro xogaba con 9, xa que o árbitro aínda se encargaría de desequilibar aínda máis o partido expulsando ó local Juan, por doble amarela.
(Lolo Carril. Xefe de deportes de Cope O Carballiño) Pensan que son o ombligo de todo, e son o que son. Os capitalinos provincianos son aquéles que miran o resto por enriba do ombreiro, aínda que detrás desa actitude de soberbia e prepotencia, de suposta e falsa superioridade, o que en realidade se esconde é a súa frustración e complexo de inferioridade. Son incapaces da máis mínima autocrítca, aínda que o seu equipo sexa o único dunha capital galega que deambula por unha categoria que por moito que lle chamen "nacional" non pasa de ser unha competición autónomica, xogan en "regional" pero non teñen reparos para calificar de "peleles" a unhos rapaces que cada domingo saen ó campo para defender con orgullo ó equipo do seu pobo. Eso dixeron desde "a capital" este pasado domingo. O Arenteiro é "un equipo de peleles, sobre os que os rivais practican o pim pam pum". Unha cousa é a critica e outra ben distinta a falla de consideración e respeto para unhos rapaces e para un club histórico coma é o Arenteiro, que por certo, xa no seu dia e en competición oficial fixo "pim pam pum" sobre o equipo capitalino. Hai feridas que nunca cicatrizan.
Nin estaba no guión gañar o Arousa, como aconteceu o pasado mércores, e tampouco caer goleado por oito goles de diferencia ante o Porriño Industrial. É que por moita e lóxica diferencia que haxa entre ún dos equipos punteiros da preferente e outro que atá fai dúas semanas xogaba en 2ª autonómica, a fin de contas encaixar oito goles son moitos goles. Todo comezou a torcerse nos primeiros lances do partido cando o Arenteiro perdia a Alex, unha das referencias desde "baby Arenteiro", que tiña que abandoar o terreo de xogo lesionado. E tamén nada maís comezar o partido xa se puxo de manifesto a enorme diferencia que no aspecto físico existía entre os dous equipos, unha diferencia que se ía facendo maís evidente conforme ía avanzando o partido, cun Arenteiro que rematou o partido morto físicamente. Acaso seguramente pasase factura xogar tres partidos de competición en sete dias. A outra explicación a tan abultado resultado atopamóla no comportamento timorato da defensa e o porteiro locais, que non tiveron a súa tarde. Ante este panorama, o Porriño aprobeitou a ocasión para deixar un resultado para a historia en Espiñedo, un 0-8, que non se recorda en competíción oficial. Ó descanso xa gañaban 0-3, na segunda parte caeron outros cinco. Agora toca repoñerse e mirar cara adiante.
Nin os máis optimistas entre os numerosos afeccionados que acudiron esta noite a Espiñedo esperaban que este novo Arenteiro, integrado na súa totalidade por xogadores procedentes do equipo filial e que atá fai dúas semanas xogaban na 2ª categoria autonómica podían gañarlle a ún dos galos e aspirantes ó ascenso na preferente, o Arousa de Vilagarcia. Pero no fútbol todo é posible se hai gañas e ilusión e asi quedou demostrado neste partido valedeiro para a competición ligueira, que fora aprazado no seu dia polo mal estado no que se atopaba o municipal de Espiñedo. O Arousa chegou ó Carballiño pensando que ía gañar o partido sen baixar do autobús e confundiuse de pleno, resultou ser ún equipo mediocre no que se supón que xogaban futbolistas porque vestían con camiseta arlequinada, e pouco maís. Enfronte, unhos rapaces con raza e incluso non exentos de clase deronlle toda unha lección de pundonor e defensa dunhas cores. A eles, ós do Arousa, e a outros. Adiantabase o Arenteiro nos primeiros minutos do partido cun gol de Sampayo, e en apenas 20 minutos os arousanos dábanlle a volta ó marcador, e asi remataba a primeira parte. Parecía que todo estaba decidido, pero no segundo periodo chegaría a sorpresa. Os rapaces do Arenteiro non desmaiaban, e a doce minutos para o final Alex lograba o empate. Xa co tempo practicamente consumido chegaba o momento do éxtasis para a afección local, cando Juan lanzaba un chupinazo que se colaba na meta arousana. Ledicia nas bancadas de Espiñedo, ónde se celebrou a victoria local como facía tempo non se coñecía. Polo demáis, noite histórica, xa que o partido xogouse coa nova iluminación. Noite redonda.
O baby clube deportivo arenteiro vendeu cara a sua derrota pola mínima ante O Caselas, un solitario gol de novo do ex-arenteiro Fran servía para darlle oxíxeno a un Caselas que utilizou un xogo demasiado duro, e incluso por momentos, bruscos; así tamén o entendeu o colexiado do partido expulsando a dous locatarios.
O equipo de Mindo, completaba un muy digno partido, amosando unhas excelentes credenciais de futuro, solo a falla de pegada e a comprensible falta de oficio, impediu que iste ilusionante arenteiro colleitara un mellor resultado que por méritos mereceu, con todo hay que resaltar, a entrega e dignidade diste plantel que en ningún caso se achicou ante un rival espoleado pola súa afición, na procura de puntos redentores que eviten un,máis que posible descenso.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- seguinte ›
- última »