Os verdes suman, con esta, 23 xornadas de liga sen perder, aínda que desta vez desperdiciaron dous puntos no partido xogado esta tarde no campo da Regueiriña, que rexistrou a mellor entrada da tempada, con numerosos afeccionados do Arenteiro.
Deportes
Os carballiñeses siguen incrementando o número de partidos imbatidos nesta liga, son xa 22, tras gañarlle ao Club Deportivo Velle no Estadio de Espiñedo, que rexistrou unha excelente entrada de afeccionados.
Os verdes consiguen gañar por fin un partido no José Arjiz, desta vez ante un equipo como é o actúal Verín plagado de ex-xogadores de terceira e preferente, pero está visto que a actitud coa que o Arenteiro encara os partidos nesta liga sigue dándolle un enorme resultado.
O líder derrotou por 4-2 ao equipo de Xinzo de Limia no estadio de Espiñedo, desta maneira C.D. Arenteiro suma 20 partidos de liga imbatido na competición da primeira autonómica, na que sigue líder. Os carballiñeses non perden un partido dende o 22 de Setembro de 2013.
Os verdes conseguiron un meritorio punto no campo de Oira nun partido no que o trio árbitral foi o protagonista negativo. Permitiron o xogo extremadamente duro dos pontinos, escamotearon un penalti de libro sobre Bardelás e anularon un gol legal ao Arenteiro.
O Club Deportivo Arenteiro sumou ante o Sporting Celanova outros 3 puntos que lle permiten afianzarse como líder da 1ª autonómica, son xa 18 os partidos consecutivos que levan os carballiñeses invictos nesta liga, 15 victorias e 3 empates.
Os valdeorreses do Centro de Deportes Barco, na actualidade un dos equipos punteiros da Preferente, será o rival de C.D. Arenteiro nos cuartos de final da Copa Deputación de Fútbol, asi o deparou o sorteo celebrado na Delegación Provincial de Fútbol.
O auditorio do Carballiño acolleu a celebración da sexta edición da Gala do Deporte do Carballiño, que con carácter anual organiza a Área de Deportes do concello carballiñés.
Os verdes poideron sentenciar o partido na primeira parte, cando máis e mellor xogaron, imprimindo un forte ritmo que non obstante so lle deu para retirarse 1-0 ao descanso. Na segunda parte, tras desviar Pachi o balón nunha pena máxima a favor dos visitantes, o Arenteiro tivo que agardar aos minutos finais para resolver definitivamente.
O líder impuxo a súa superioridade pola vía rápida, golendo sen apenas atrancos ao At. Vilariño no partido correspondente á 20ª xornada de liga desputado no campo do Medo, ante numerosos seguidores carballiñeses.
Últimas novas
Últimas denuncias
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- …
- seguinte ›
- última »