Política

25, Marzo 2012

A loita contra a instalación da planta incineradora no Irixo sigue viva según pudo verse na mañá deste domingo nas andainas organizadas para poñer de manifesto a oposición a este proxecto.

As camiñatas partiron de distintos lugares, probablemente a máis numerosa foi a que saíu desde a Carballeira da Madanela, punto de concentración para o groso dos participantes procedentes do Carballiño, mentres que as persoas chegadas desde a Comarca do Deza comezaron a camiñar desde a Carballeira do Campo. De forma practicamente simultánea, sairon as outras dúas andainas desde o municipio do Irixo, desde as localidades de Marnotes e Loureiro, ás que hai que sumar a que o fixo desde Grovas, no concello de Piñor.

Ainda que os organizadores non pretendian "unha movilización masiva como as anteriores manifestacións, xa que se trataba de ser respetuoso co entorno", arredor de 400 persoas tomaron parte nas cinco andainas que confluiron despois do mediodia no Coto do Marco, nos montes comunais sitos na Parroquia do Campo, onde se anunciou a instalación da incineradora. Alí mesmo, procedeuse a dar lectura a un manifesto no que os convocantes desta andaina reivindicativa volveron reafirmarse na súa posición en contra da incineradora.

23, Marzo 2012

Prema sobre o arquivo adxunto para ver o documento.

21, Marzo 2012

A militancia carballiñesa do BNG elixíu a Xosé Dobarro como novo responsable político do Consello Local, un órgano de dirección no que tamén se integran outras 7 persoas.

Como Vicerresponsable figura agora Marcos Reboredo Blanco, e como vogais completan este novo Consello Local Lidia Caamaño, Ana María Fra, Xosé Manuel Codesido, Victor Gulias, Áurea Francisco -actúal Concelleira- e Eladino Cabanelas.

O novo responsable do BNG no Carballiño xa desempeñara anos atrás o cargo de concelleiro na corporación municipal carballiñesa, cargo do que dimitira daquéla tras o seu traslado profesional ao centro de saúde de Beariz, onde exerce como médico.

A elección do novo Consello Local do BNG coincide, precisamente, coa presentación no Carballiño do Encontro Irmandiño, ún dos grupos que abandonou o Bloque Nacionalista Galego, e outrras baixas recentes no BNG carballinés, entre elas a de Manuel Amil, que no anterior mandato municipal fora Portavoz do BNG e 1º Tenente Alcalde do Concello do Carballiño.

21, Marzo 2012

O Secretario Xeral do PSdG, cargo para o que foi reelexido recentemente, será o pregoneiro da Festa da Mimosa 2012, este vindeiro sábado 24 de marzo ás 8 da tarde.

 A Xunta Directiva do Casino destaca do pregoneiro a súa condición de "Socio do Casino desde o ano 1981, destacado veciño da vila e Secretario Xeral do PSdG-PSOE na actualidade". Ademaís de anunciar a Pachi Vázquez como "pregoneiro e padriño" da Mimosa, a Directiva do Casino tamén confirmou o resto das actividades programadas para esa xornada, que continuarán ás oito e media da tarde coa representación teatral " O cantante e as mulleres", a cargo da Compañía "Migallas Teatro". As dez e media da noite celebraráse a tradicional cea da mimosa á que seguirá unha sesión de baile.

Xa o domingo 25, completaráse a programación de actividades cunha proxección cinematográfica, a entrega de premios do concurso de fotografia e un concerto da Coral Polifónica do Casino.

20, Marzo 2012

Os catro mozos detidos teñen idades comprendidas entre os 21 e os 26 anos, dous son veciños do Carballiño e os outros dous de Maside e Punxín, respectivamente.

A Garda Civil do Carballiño, que bautizou ao operativo como "operación bellota", incautoulles no momento da detención un total de 5 gramos de hachis, 4 gramos de marihuana e 300 euros en diñeiro en efectivo. Foron detidos como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas, ao dedicarse "á venda de droga ao menudeo", según a nota informativa difundida pola Garda Civil.

Tras prestar declaración no cuartel da Garda Civil do Carballiño foron postos en liberdade, a disposición do Xulgado nº 2 do Carballiño.

 

20, Marzo 2012

O Concelleiro  Socialista do Irixo presentou un escrito no Concello solicitando a inmediata convocatoria do pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro, tal e como quedou establecido ao comezo do actúal mandato municipal.

 O portavoz, Javier Rodríguez, considera “unha vergonza que para suspender o pleno o alcalde se escude na redacción dos orzamentos e na previsión de supostos incidentes durante a súa celebración”.

“Ao alcalde fáltalle a valentía de afrontar ante os veciños as súas decisións respecto da incineradora nun pleno onde por fin ía debaterse esta cuestión”, afirma. Así, o edil socialista advirte que de non cumprir coa lei e o regulamento polo que os plenos ordinarios deben celebrarse cada dous meses, o segundo xoves de cada mes, se remitirá a documentación pertinente á Fiscalía Provincial para que se tomen as medidas oportunas.

Lembra que ao non convocarse os plenos ordinarios estanse vulnerando dereitos fundamentais dos concelleiros na súa labor de control ao Goberno Municipal.

17, Marzo 2012

Os Socialistas consideran que o Alcalde "realizou gran cantidade de chamadas de índole persoal aproveitando a liña telefónica que pagamos todos" e o rexedor municipal respondelle que "teñen que aprender a ler unha factura".

O grupo municipal do PSdG de San Amaro asegura que "nestas facturas aparecen cargos de aplicacións e música para telefonía móbil que non teñen ningún sentido nun teléfono oficial, pero o máis preocupante dase noutro feito de máis gravidade, xa que nun análises pormenorizado das chamadas, nos atopamos con números de paises tan diversos como República Dominicana, Arxentina, México, Francia ou Portugal", afirmando que algunhas das facturas acadaron importes de preto dos 500 euros.

O Alcalde explica que as chamadas internacionais son consecuencia das súas viaxes a aos citados países "correspondense con chamadas que se fan desde España ao extranxeiro, todos sabemos como funcionan estas chamadas, cando te chaman tí pagas parte desa chamada, e cando me chama un veciño ou desde un organismo oficial, eu teño que atender as chamadas".

Ernesto Pérez recoñeceu que é certo que nalgún momento se produciron descargas de música "pero eso correxiuse de inmediato tan pronto se advertíron os primeiros cargos" e asegurou que o importe desas facturas pagadas polo Concello de San Amaro "están nunha media que non chegan aos 150 euros ao mes".

15, Marzo 2012

Este é, finalmente, o importe total das facturas pendentes de pago aos proveedores que o Concello do Carballiño enviou ao Mininsteiro de Facenda  1.602.000 euros, as facturas que cumplian os requisitos para acollerse o plan de Facenda  para o pagamento aos provedores.

A cantidade total das facturas pendentes de pagamento por parte do concello carballiñés con data do pasado 31 de decembro de 2011 ascende a 2.616.000 euros. Non obstante, parte importante das mesmas non foron incluidas no expediente remitido polo Concello do Carballiño, xa que na relación non figuran aquelas facturas relativas á organizacións festivas, espectáculos ou comidas, e tampouco aquelas doutras adminsitraccións, como é o caso da Deputación, ou de empresas públicas, como SOGAMA, coas que o concello carballiñés ten pagamentos pendentes.

Agora, o Concello do Carballiño, dispón ata o 31 deste mes de marzo para remitir ao Ministerio de Facenda un plan de viabilidade para devolver ao Estado o diñeiro que éste pagará a partir do vindeiro 1 de maio aos proveedores.

15, Marzo 2012

Será necesario, como mínimo, reunir 15.000 firmas para tramitar ante o Parlamento de Galicia esta Iniciativa Lexislativa Popular, que terá como obxetivo paralizar a instalación da incineradora.

A Asociación Medioambiental Incineradora no Deza Non, que xunto as plataformas constituídas no Irixo e O Carballiño, ven distinguindose pola súa súa oposición a este proxecto industrial para o tratamento do lixo, anunciou a posta en marcha dunha campaña de recollida de sinaturas con esta intención, promover unha proposición de lei mediante a presentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular. Para elo, ademáis da recollida de firmas -que se extenderá a toda Galicia- tamén prevé a constitución dunha comisión redactora e a apertura dun calendario de negociacións cos grupos políticos do Parlamento de Galicia.

CONCERTOS MUSICAIS "CONTRA A INCINERACIÓN"

Para o vindeiro mes de abril a Asociación Medioambiental Incineradora no Deza Non e a Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non, traballarán na organización de concertos musicais "contra a incineración", cos que pretenden seguir concienciando á poboación sobre a problemática que representa a incineración como modelo para o tratamento do lixo.

Os concertos, nos que participarán varios grupos musicais das comarcas do Carballiño e O Deza, celebraránse os sábados 14 e 21 do vindeiro mes de abril, o primeiro no Irixo e o segundo en Lalín.

13, Marzo 2012

 A unhos dias da apertura da tempada de pesca, o Concelleiro Nacionalista, Luis Pérez Estévez "Ficol" ven de denunciar "a mortandade de troitas e outras especies no rio Avia" ao seu paso polo municipio de Leiro.

O representante do BNG na Corporación de Leiro amosa "publicamente o malestar pola gran cantidade de troitas mortas que están aparecendo no últimos dias no rio Avia ao seu paso por Leiro" e traslada esta preocupación tanto ao Alcalde de Leiro como tamén á Consellería de Medio Ambiente e a Confederación Hidrográfica" para que invstiguen as causas desta alta mortandade e "a contaminación que a está provocando".

Luis Pérez "Ficol" recorda como "o Avia sempre foi un rio moi troiteiro, viñan pescadores de todos os lugares´, e agora dende fai xa unhos cantos anos atrás non se ve case ninguén, e asi Leiro tampouco pode ter ningún futuro turístico", suliña o concelleiro. Tamén pon de manifesto que leva denunciando "esta problemática desde moitos anos atrás, pero nunca se me fixo caso".

Páxinas

Subscribirse a RSS - Política