15 dias sen profesor de percusión no conservatorio de música do Carballiño

10, Marzo 2015

Dende a Plataforma de Afectados e Afectadas pola Suba das Matrículas do Conservatorio/ Escola de Música do Carballiño facémonos eco do malestar que do alumnado do 2º grao elemental do Conservatorio e, nomeadamente do da especialidade de percusión pola desidia do Concello do Carbaliño a hora de por solucións.

Levan 15 días sen profesor da especialidade de percusión e sen clases de linguaxe musical e educación auditiva. Legalmente o concello tiña que ter comezado hoxe o proceso selectivo.

A presidenta da nosa Plataforma, sabedora desta problemática, achegouse ao concello e falou con Pilar Caride, concelleira responsable, para axilizar o tema e que non se durman nos loureiros.

Parece ser que precisamente hoxe, o día de comezar o proceso selectivo, non se pode facer porque a persoa encargada deste tema non está ata mañá.

A renovación da baixa presentouse a xoves ou venres, onte fixeron os 15 días legais para seleccionar substituto/a.

A señora Caride dinos que van tirar de dous profesores que hai nas listaxes, e “dado que é unha especialidade para a que hai poucos especialistas, é probable que estes dous xa estean a traballar, polo cal, hai que comezar un proceso selectivo de urxencia”.

De darse este caso, coidamos que isto acarreará máis prexuizos para o alumnado, que xa comezou sen profesor no principio do curso. Levan moitas horas perdidas e non se sabe como poderán recuperar ese tempo e chegar aos exames coa preparación necesaria.

Por todo isto queremos afondar, mais unha vez, na desidía deste concello cara ao Conservatorio/Escola de Música, desidia que cada día se agrava por falla de solucións e, o que é pior, de interese por mantelo.