Abanca item más Santander

27, Abril 2020

Parece que as protestas surtiron efecto e o Santander despóis do clamor non lle queda outra que abrir no Carballiño todos os dias, xa é bastante lamentable que tivese que denunciarse para que o banco reaccionase e cumplise o seu máis elemental compromiso de atención ó publico en mínimas condiciós.

Pero qué acontece con Abanca, pois máis do mesmo. En San Amaro tan solo abren dous dias a semana en horario reducido, pensei que era unha excepción pero tal como hoxe escoite nesta radio o mesmo sucede en Boborás e Avión, e supoño que noutras sucursais, en moitos casos a única entidade bancaria que queda nalgunhos concellos.

Moito me temo que a idea será aproveitar esta situación excepcional para convertila co paso do tempo en habitual. E senón, o tempo. Menos mal que seica son un servicio esencial, según o desgoberno. Fan o que queren e como queren.