Abusiva subida do prezo da auga en Maside

4, Xullo 2013

Quero denunciar o que está pasando no concello de Maside co recibo da 
auga. Dun ano para outro pasamos de pagar de 3 euros  a máis de 12 euros 
soamente nas cuotas. E ademais o consumo pásase a facturar por un sistema de 
tramos tamén máis perxudicial co que había antes. E iso que o final non 
lograron privatizar a auga nin nada. Temos que reaccionar e non deixar que 
isto se converta noutro Punxín 2.0