Aclaracións do Grumir do Carballiño

9, Xaneiro 2010

Ante a información publicada en diversos medios de comunicación o venres  día 8 dexaneiro, encol da “continuidade do Grumir” consideramos que debemos  aclarar cal é a situación actual, sobre todo para que a poboación do Carballiño e da  súa comarca saiba con que recursos conta neste momento de cara as emerxencias.Entre o día 30 e o 31 de decembro do pasado ano, rematou o contrato laboral  dos quince traballadores do Grumir. Evidentemente, a preocupación de tódolos compoñentes do Servicio era importante e xustificada dado que, hasta última  hora da mañá a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior non lle había comunicado  o Concelloo que ía a pasar con este Grupo. Para maior inquedanza do persoal, a  información
circulante polos “mentideiros” era que se ía a aplicar o Pacto Local,  reducindo onúmero de integrantes do Grumir que pasaría de 15 a 12 traballadores.Posteriormente recíbese un Fax da Delegación Territorial da Xunta en  Ourense,comunicando que as cousas ían a continuar como ata agora. Sin embargo, a realidade, que creemos que debe coñecer o pobo do Carballiño  é que,ata o de agora, tan sólo se lle renovou o contrato a tres dos quince membros  do Grumire, segundo a información facilitada pola Xunta de Galicia, ós doce  restantes non secontratarán, polo menos, ata marzo. Nunha xuntanza celebrada a tarde do día 30 de decembro, as/os doce  traballadoras/es do Grumir os que non se lles renovou o contrato, e a petición do Alcalde,  decidiron
seguir facendo gardas (na medida das súas posibilidades) voluntarias, para  non abandoar a súa sorte a xente do Carballiño e para intervir exclusivamente  nas emerxencias que se poidan producir ata que volvan a ser contratados. Polo tanto, o que se dí na información publicada o referido día 8 non é  correcto e pode
inducir a pensar o pobo do Carballiño que segue a ter os mesmos niveis de  seguridadeque fai unhos días o cal, e pese os esforzos de todas e todo-l os  integrantes do Grumir non é tampouco certo por razons obvias.
Dende o Grumir do Carballiño, esiximos, dunha vez por todas, a estabilidade  laboral dun servicio esencial como é o Grumir e o seu traballo de atención as  emerxencias.
Carballiño, a 9 de xaneiro de 2010.
Os membros do Grumir do Carballiño: