ADOLFO ERREJÓN E MANUEL CARMENA

1, Febreiro 2019

Íñigo Errejón vén de incorporarse á Ahora Madrid xunto á Manuela Carmena, abandoando a disciplina política de Podemos, mentres que Adolfo Nogueira deixa tamén o proxecto do PSdeG no que acompañou ó alcalde Paco Fumega hai catro anos. A diferencia  do aínda concelleiro de Personal, Seguridade e Promoción con Errejón é que éste xa non tiña responsabilidades orgánicas no partido dos círculos, mentres Nogueira é o actual secretario comarcal dos socialistas. Por elo, independentemente de que o alcalde asuma a xestión dos devanditos departamentos municipais, resulta curioso que os dirixentes provinciais e autonómicos non tomasen aínda ningún tipo de medida disciplinaria contra o voceiro do equipo de goberno do Concello do Carballiño, como podería ser a apertura dun expediente para a súa expulsión. Tampouco se coñece, polo de agora, se Manuel Vázquez vai abandeirar unha candidatura á alcaldía da que Nogueira formaría parte, que significaría unha nova división da esquerda na vila do Arenteiro e favorecería estatísticamente unha maioría simple para o Partido Popular na futura Corporación.