Aforro enerxético municipal en Maside

7, Febreiro 2016

No Outeiro de Maside xa non soan as panxoliñas, nin a neve cae, nin as familias xúntanse para cear en noiteboa. Pero alí aínda é nadal. Polo menos eso deben pensar no concello.

Resulta curioso circular pola calle do Outeiro a día 6 de febreiro pola noite e ver o alumeado de nadal en plena luminiscencia.

Quizás podería ser bo para a economía dos cartos públicos de tódolos veciños,  que o foran retirando, a non ser claro, que pretendan que quede para a festa maior. Total sólo quedan seis meses, e se os masidaos pagan o consumo de televisores de plasma, lavadoras, e outros electrodomésticos dos exemplares veciños da Fontela, a vistosa luminaria, ben se pode seguir pagando hasta o San Victorio. Ou xa postos, pois que quede permanentemente.

Parece que ó concello de Maside sóbranlle os posibles. Pero resulta que os cartos son de todos, e non  dos que os administran.

Saquen as luces de nadal xa.  Non son máis que outra mostra  da permanente desidia dos responsables municipáis que cómodamente instalados na poltrona, 

 Van de mal en peor.  Señores, os reis xa pasaron (e non deixaron premio)