Ao bequerido alcalde de Maside, Bouzas e O Outeiro

3, Xaneiro 2016

Benquerido Sr. Alcalde de Maside, Bouzas e Outeiro:

¿Porque ten vostede tan abandonados aos seus veciños do Outeiro?, sen facernos unha visita, sen informarnos, sen poder escoitar as súas elegantes propostas de emprego, que ata saen na prensa, parece que é so iso o único que enche a cabeza.

-¿Porque todas esas propostas son unicamente para os veciños de Bouzas?, debe ser claro porque son os mais desfavorecidos do Concello, pois dende o Outeiro creemos que non é así, só hai que coller o censo, e vostede mesmo se dará conta que hai moitos mais parados no Outeiro que en Bouzas, pero que lle conto a vostede se xa o sabe ben, Bouzas tan só ten uns 15 veciños. 

Parece ser que vostede quere conseguir a súa promesa do pleno emprego aquí, acabaremos.

-Quezas é que os do Outeiro no son da mesma clase cos de Bouzas, falo de política azules e vermellos e non de brancos e negros, ou é que quezas no Outeiro non o queren escoitar por todo o que reza vostede en Bouzas, pode ser tamén que como os do Outeiro teñen traballo, segundo vostede claro, non necesitan as súas elegantes ofertas de emprego.

 -Mire levo un bo rato dándolle voltas a cabeza e penso que quizais o que tiña que facer vostede é colocar outra incineradora, se nos deixa elixir, de lixo que sona ben, para situala no Outeiro, non se preocupe pola ubicación, nosoutros nos encargamos de mercar un prado a ser posible urbano veciñal en man común, como a vostede lle gustan, mesmo o lado do colexio, sitio que sabemos que lle chisca o ollo, para regalarlla a empresa que nos faga a incineradora, pero iso si, postos de traballo polo menos uns 10 porque senón non nos compensa tanto esforzo.

-Desta maneira xa temos merda no Outeiro para poder regalarlla aos de Bouzas, tal e como eles nos pensan regalarnosla a nós.

-¿Porque pensa vostede que é o resto do mundo o equivocado?. Ao mellor resulta que é vostede o que non ten a razón, non faga como aquel condutor que circulaba por dirección prohibida e so dicía o gran montón de xente que viña en contra dirección.

-Cando teñamos montadas as dúas incineradoras, a de neumáticos en Bouzas e mais a de lixo no Outeiro, tamén pode chamar ao Ministerio a Madrid e ofrecerlles Maside como cemiterio nuclear, por suposto ao mesmo prezo que lle ofertaron a incineradora de Bouzas, e así teríamos un gran montón de merda en Maside coa posibilidade de empezar a exportación e conseguir postos de traballo para os poucos veciños que quedarían, ben porque xa estarían mortos ou porque se foran a outro sitio sen tanta merda.