Asfaltado con chapuza

26, Xaneiro 2015

Xa fai un tempo fun vendo cos meus propios ollos como se ía desfacendo dia tras dia un cacho de asfalto,xunto a Auto-Escuela Carballiño,pouco a pouco foise minando el soliño ata converterse nun buratiño (ninguén o foi solucionar a tempo) e agora como non,alguen se debeu queixar ou por iluminación divina ó mellor foi visto por alguen do concello...resulta que ali anduveron fuchicando non fará moito pra tentar arreglalo,e como non,foi peor o remedio ca enfermidade (como nos teñen xa acostumados,chapuzas sempre fixeron e chapuzas sempre seguirán facendo).Ben mais grande o deixaron agora,supoño que dentro de pouco poñerán unha chapa de ferro ou algo polo estilo,porque podeno tentar arreglar 200 veces que 200 veces se escarallará.Estamos apañados,tramo de asfalto novo e solo vos digo que pasedes por alí e o vexades.Nada mais.Saúdos.