Avda de Compostela: no inverno mal e no verán peor

27, Xullo 2012

Xan, gracias por intentar sacarlle un compromiso ó concelleiro para 
arranxar os problemas das inundacións na avda. de Compostela a altura do 
cruce coa calle Piñor .Pero o Sr. concelleiro intentou saír do paso cun 
"tomo nota", ou o que é o mesmo nada.Prégoche que non deixes de insistir, 
xa que levamos un par de días nos que a auga nos chegou ata as orellas.Xa se 
sabe que corren malos tempos ,pero si só lle adicaran uns intres ó 
tema,poderíanse reducir os problemas.Poderían tratar de desviar o caudal 
por algun sitio, e que pensen un pouco que para iso "cobran".Tampouco é de 
recibo que saiban o lío que aquí hai e non teñan nin o detalle de vir 
limpar toda a merda que queda despois : sumidoiros atascados, lama e restos 
de fecais que ahí quedan ata que os veciños o limpamos ou pouco a pouco ser 
van esparcindo......Unha vez máis agradecer o servizo que prestades. Logo 
contestarán nos comentarios que si  somos do psoe ,que si  do pp,que si do 
bloque,e eu digo que se deixen de enmerdar máis e fagan algo dunha vez por 
todas.Pensan que con limpar nas vésperas da festa do pulpo xa está.O dito 
un copeointe agradecido.