BALANCE ELECTORAL

14, Xuño 2023

Tras as pasadas eleccions do 28M, a veciñanza falou e deixou un panorama político moi aberto e con tres forzas políticas moi igualadas. Houbo moitos comentarios e rumores de pactos e acordos, pero a realidade se non hai algunha sorpresa de última hora todo indica que o candidato da lista máis votada será o próximo alcalde. Por outro lado está a situación do BNG que obtivo un único concelleiro e que enriba nin tan sequera é preciso para calquera outra Forza política para sacar algunha iniciativa adiante, aprobar unhos orzamenros ou condicionar unha alcaldía, e o mais chamativo é que dende o BNG, afirman que foi un gran resultado e que están moi content@s cos mesmos, moi sorpréndete e conformista o balance que fan dos resultados electorais os responsables de conducir e guiar o futuro do BNG no Carballiño, digo esto por dous motivos fundamentais, por un lado está a clave Nacional onde o BNG subíu un 33% en representación e collendo alcaldías tan prestixiosas como a de Santiago de Compostela, e logo xa en clave local tras o desplome do seu principal competidor electoral que é o PSOE non foi quen de recoller ese descontento, e dicir, a teoría dos vasos comunicantes non tivo efecto. Por todo esto, e con datos máis que obxectivos teñen os responsables do BNG algún motivo de celebración?

Marco Antonio Reboredo Blanco