Bernardo nos toma por tontos.

14, Xuño 2020

Este xoves pasado estaban convocadas manifestacións en señal de duelo polas vítimas do coronavirus nas residencias de maiores de Galicia convocadas polas familias e polos traballadores. No Carballiño quen anunciou ditas manifestacións foi Bernardo García o portavoz de alternativa dos veciños. Que sorpresa que ao chegar a Ourense vexo que el xunto coa súa muller son quenes dirixen o cotarro. Sorpresa maior cando di que a xente de modepen non é de ningún partido cando a  súa dona vai na lista de Podemos. Nos toma por tontos. Hai eleccións. Ben se nota pois aparecen os politicuchos intentando sacar crédito de todo. Creo que por respeto a xente que morreu e as súas familias, os políticos nunca deberían encabezar estes actos. Acompañar si, protagonizar non. Pero vindo de quen ven, o raro era que este personaxe da autodenominada rexeneradora política rupturista non salise antes a palestra con calquera parautada. Pasou polo bloque, pola marea, por alternativa dos veciños e agora está coas pensións e con podemos. Por donde pasa este homiño non crece a herba. Cousas así deixan aos políticos a altura do barro.