Botellón nun Casino "pechado por reformas"
De todos os veciños do Carballiño é sabido que temos novas ordenanzas no  
concello que, entre outras cousas, regulan o tan polémico tema do botellón  
na rúa.
Para moitos foron acollidas coma unha bendición porque neste caso se  
reducen, e non pouco, as molestias, os lixos e o vandalismo ligado a esas  
concentracións e de paso se apoia activamente a un motor económico na  
comarca, a hostelería.
A dúbida que se lle pode pasar pola mente a calquer veciño, socio ou non  
socio do Casino Cultural e Recreativo do Carballiño, que teña facebook e  
vexa estas fotografías é a seguinte:
¿Non estaba pechado o Casino por reformas? ¿para qué tantas polémicas  
públicas coas eleccións dos equipos directivos da entidade, para esto?
¿qué opinión nos merecen os hosteleiros do Carballiño, a organización de  
festas privadas... ou o incumprimento das ordenanzas, poñerse ó día no  
tema de licencias de actividade, axustarse ós horarios de peche ou... a  
colocación de terrazas, en particular, na rúa eliminando aparcamentos e co  
risco que supón, en prazas e nos espazos de xogos infantiles... por exemplo?
Quedan as dúbidas plantexadas para a quen corresponda, veciños, hosteleiros  
e autoridades participen se cabe máis activamente no día a día e se  
interveña dunha vez por todas en temas que se veñen arrastrando xa por  
moitos, por demasiados anos.
 
        