CACICADAS NOS BARES

17, Xullo 2019

O que está pasando no Carballiño coas terrazas non é normal. Está claro que hai deixar vivir e que os hosteleiros aproveiten o verao pero quitar mobiliario urbano para que algún bar poida poñer máis mesas na súa terraza xa é un escándalo indignante. Os políticos  do concello deberían deixar de tomarnos por parvos.