Campaña anticomercio

10, Decembro 2018

De todos é sabido, a crise que está a atravesar o pequeno comercio, son múltiples os factores, pero no Concello do Carballiño, os comerciantes teñen ún a maiores, que é a Corporación Municipal.

Con só darse un paseo pola rúa Principal, onte 9 decembro ás 7 da tarde, chega a para ver o estado do pobo, o vacío é comparable cós pobos da comarca, Cea, O Irixo, Maside.... O único ambiente son os escaparates dos sufridos comerciantes de esta vila, que loitan por sobrevivir a duras penas.

Xa sabemos que a vós, sí, sí  a vós, os representantes municipaís non vos gusta mercar no pobo, e nin pasear por él, pero cos nosos cartos estades OBRIGADOS a darnos uns servicios que nos estades a roubar, que non é normal a estas alturas de mes, en pleno  Nadal a deixadez na que esta o pobo, con cada vez mais locais baleiros, ruas INTRANSITABLES, escuras, cheas de buratos e de merda.

BASTA XA, de ir de vacacións a Arxentina, Tenerife...., eso NON repercute en absoluto, no día a día do pobo, só nuns cantos votos para vós, traballade XA, non estades a altura do que iste pobo se merece. 

Os veciños e comerciantes NON nos interesan os vosos líos internos, queremos solucións, queremos ver un pobo vivo, sentirnos orgullosos del, que veña xente vivir eiqui, que haxa traballo, ocio, calidade de vida... 

Quen te viu e quen te vé, querido Carballiño.