Cando O Carballiño mellor estivo.

19, Xullo 2024

Moitos asistimos con vergoña ao espectáculo dunha vila onde os seus políticos parecen discutir sobre cando estivemos "ben". Vou deixar caer algúns datos e realidades dende unha perspectiva máis ou menos neutral.

1. A mentira da débeda e a herencia do "pachismo".

O goberno de Pachi Vázquez no Carballiño levou a cabo unha política, efectivamente, expansiva en materia económica e de gasto máis non se viu repercutido no ámbito da deuda que, facendo unhas buscas en Internet pode verse que no ano 2008 ascendía a 3 € por habitante. Pachi foi alcalde ata o ano 2005. Polo tanto a responsabilidade do aumento da débeda é do seu sucesor do PSOE e do posterior goberno do PP alcanzando máis de 300 € por habitante. Durante o goberno de Pachi podo dicir que en xeral, había certo interese por embelecer a vila, asfaltar e encerar as rúas e por intentar expandir económicamente O Carballiño. En aspectos negativos queda, polo tanto, a política municipal de contratación pública tantas veces posta en entredito ou que moitos dos gastos foran innecesarios e inútiles, podéndose gastar en materias máis importantes.

2. A parálise dende 2011.

Creo que queda ben claro que dende os anos da crise económica de 2008 os sucesivos gobernos municipais levaron á vila e o seu rural a quedar estancada e progresivamente degradarse co paso do tempo. Sorprende a rápida baixada da dende 2012 ata 2019 pero e que dende 2019 non ten sentido seguir coa política de austeridade pois o gasto público está baixo control e incluso o concello ten superávit para facer inversións. Que mínimo que polo menos coidar das infraestructuras e dos servizos xa existentes.

3. Gobernados por unha esquerda que non é de esquerdas e unha dereita que renega da dereita.

E chegamos a situación actual onde o PP e o PSOE deciden pactar e amosan que non só ideolóxicamente, senón tamén en materia de intereses son prácticamente o mesmo. Dende 2011 veñen defendendo as mesmas políticas e a cidadanía está orfa e a vila, degradada e olvidada.

Un saludo.