Case 800 enterradores

29, Decembro 2016

Xa case pasóu un ano dende que comimos as últimas uvas. Niste periodo aconteceron unha morea de cousas.

Fai tamén un ano que en Maside, un grupo de veciños, preocupados, indignados e ata cabreados, conminaron ó seu Concello, representado na persoa do seu rexidor, a que dira cumprimento á Ley. Concretamente esixiron coas súas sinaturas que se fixera efectivo o precepto do artigo 70 da Ley de Bases do Réxime Local que obriga a convocar un pleno extraordinario e levar necesariamente a él a moción proposta polos veciños. 

Foron exactamente 771 veciños os que decidiron facer uso do seu dereito de participación na adminstración municipal e acordar, amparados en dito dereito pola Ley,  a celebración dun pleno para debatir a posibilidade de que se ubicara unha instalación de incineración.dentro da demarcación territorial de Maside.

Estos masidaos, foron calificados polo seu alcalde  de "enterradores de burros" nos medios de comunicación, o cal fai que Maside ben poidera entrar no libro guiness polo ratio de habitantes que exercen a debandita profesión entre a súa veciñanza. Concretamente setecentos setenta e un.

Aparte de esta desafortunada declaración do primeiro edil, dende o Concello, ata o día de hoxe,  nin se diu  unha sola explicación sobre o proxecto. Nin se informa,  nin se confirma nin se desminte.

Un ano e dezasete días despóis de presentarse a iniciativa popular, nin houbo pleno, e parece que nin se lle espera. Debéronse esquecer no concello de cumprir a ley, que imperativamente obriga a convocar e debatir a iniciativa popular.  Desta maneira o goberno municipal  lesiona un dereito constitucionalmente recoñecido como é a participación  dos cidadáns na administración, pasándose a Ley polo forro dos seus caprichos.