CAZA DE BRUXAS

20, Xullo 2024

O que está a acontecer na última semana en Avión e Beariz é algo inaudito.

A día de hoxe son xa máis dunha ducia de vivendas asaltadas algunhas cos seus moradores dentro. polo que parece ser unha banda de profesionáis do roubo con escalo.

A presencia policial redoblouse coa incorporación de patrullas procedentes de unidades de outras comarcas e ó parecer hai personal que actúa de paisano tamén traballando na zona.

Pero o máis chamativo e ó mesmo tempo lamentable é a creación espontanea das chamadas patrullas de vixiancia cidadá ó máis puro estilo americano. Esto é fruto da psicose que reina   entre os veciños  o que xa ten provocado algún incidente entre os mesmos, cando alguén descoñecido se topa cos vixiantes amateurs.

Se ben resulta comprensible que os cidadáns que ven ameazada a intimidade dos seus fogares  organicen estos grupos voluntadios, o realmente lamentable, e a xuizo do que suscribe, a verdadeira causa do que está a acontecer, é a falta de personal de de medios cos que parecen contar ás forzas de seguridade, Tivo que surixir esta oleada de roubos para que se vexa policía nas rúas procedentes de outras zonas, seguramente deixando desatendidas as súas demarcacións. Vestir un santo para desvestir outro.

Nun país onde se pagan impostos por respirar, non é  de recibo que a poboación careza de servizos de seguridade pública.

Quen sexa o responsable, por favor que tome medidas, porque podo asegurar como veciño, que se está a empezar a ver unha verdadeira "caza de bruxas" sobre todo no concello de Avión, onde xa brilla algunha que outra navalla polas noites.