As cifras de birlibirloque

24, Agosto 2017

Sr: alcalde de Maside: Deixe vostede de enganar e tomarlle o pelo á prensa, aos medios de comunicación, aos seus veciños, e a todo o mundo que se poña por diante. Maside non ten 2950- 2960 habitantes como vostede dixo neste medio  Ten 2818. Deixo aquí a proba da súa nova falacia. Non quero nin pensar como é a súa interpretación desas gráficas de consumo que están no súa literatura, se non é capaz de interpretar un número tan sinxelo como o padrón de habitantes. Non apele vostede á solidaridade, e faga de alcalde esixindo que queN rouba a auga pra regar sen contador pague a auga.

E xa que somos os veciños de Maside os que pagamos as festas, non diga na propaganda que o concello de Maside invita as festas, diga que o pobo de Maside invita a todo o mundo as festas de Maside. Entendo que non é moi sinxelo pra vostede facer honor á verdade, pero home, xa que estamos de festas, FAGA UN ESFORCIÑO!!!

Permitímoslle que o seu socio Wenceslao o imite un chisco, mentindo co eso de que este ano aumentaban os premios da Festa do Cabalo. Pero todo ten un límite, e hai cousas que nin as grosas mentiras poden edulcorar.