Concellería de cultura e Cine-Club

28, Marzo 2017

Estou seguindo con moita atención a polémica absurda xerada pola concellería de cultura con CINECLUBE, verdadeiramente non comprendo como o Concelleiro de Cultura trata de mingunear a un colectivo do carballiño cunha traxectoria de moitos anos e traballando de xeito desinteresado e sen afán de ningún tipo de protagonismo nin afán de lucro, e grazas a CINECLUBE podemos dicir que temos cine no Carballiño, ademáis costame tanto traballo asimilar como un chamado Concelleiro de Cultura pon trabas a persoas que traballan no ámbito da cultura, co difícil que é conseguir que a sociedade participa na vida social do Carballiño.

Por outro lado tiven que ler varias veces as aclaracións do Concelleiro de Cultura dicindo que a cineclube van 40 peroas e as actividades das empresas que este concelleiro ampara e da cobixo cede todo o que faga falla pois asisten centos de persoas, parécenme comentarios mezquinos e cobardes máis propios dun tratante que dun concelleiro de cultura do Carballiño, estou segurísimo que sexa CINECLUBE, TIRULEQUE ou calquera outro colectivo cultural do Carballiño, lle ofrecemos a décima parte dos recursos cos que conta o Concelleiro para levar a cabo as actividades, seguramente o Auditorio se quedaría pequeno para tales eventos e sen tanta foto.

Logo tamén me gustaría facer unha pequena reflexión de sobre o que este concelleiro entende por cultura, persoalmente un monólogo similar a el CLUB de LA COMEDIA, non me parece que sexa unha actividade moi cultural ou un Dj. nunha discoteca da zona, pero en fin este tipo de matices poden dar lugar a outro debate máis profundo.

Seguindo co fío destas empresas cos que o Concelleiro ten tanta sintonía e ten tanta afluencia de público, pagan algún tipo de aluguer ao concello para levar acabo as súas actividades profesionais con afán de lucro?, imaxino que non, e hai que destacar que aquí hai unhos gastos considerables (calefacción, luz, limpeza...), entendo eu que conforme se nos suben as taxas os pais que temos nenos no Conservatorio (esto si é cultura e educación) o concelleiro tamén podería traballar nunhas ordenanzas para regular o uso destas infraestructuras públicas e máis cando están sendo empregadas por empresas con afán de lucro.

Voltando a Cineclube, percibo que este concelleiro é algún outro do equipo de goberno tamén funciona así, pois cando hai un colectivo ou evento que él non controla ou tutela pois empregamos tácticas de acoso e derribo e a táctica son pequenos feos, pequenas "putaditas", etc, etc... unha táctica moi asquerosa máis propia das mafias que de concelleiros de cultura. Por certo o alcalde onde está, que opina de todo esto, resolve algo...

Por último, a casa da cultura segue sendo unha penuria na situación que se atopa, nin biblioteca, nin calefacción nin biblioteca para os nenos... e o salón de actos está deteriorándose cada vez máis a pasos axigantados.

En definitiva Sr. Concelleiro de Cultura ten moitísimo ámbito onde traballar sen andar enredando e buscando líos coas poucas persoas que participan activamente na vida cultural do Carballiño, por favor, un respeto para tod@s eles.