Concello de Maside: Basta xa de dicir medias verdades

22, Maio 2018

Mira cos do PP de Maside somos tranquilos pero é que levamos uns meses vendo que dende o Concello de Maside todo son ou contos ou medias verdades, e como parece que xa comezou a campaña no Concello de Maside, pois imos a dar resposta as incertezas sementadas polo Alcalde facendo os desmentidos correspondentes.

Como hai moitos asuntos a tratar irémolos debullando un a un, hoxe tocaremos o tema do tristemente famoso IBI (Imposto de Bens Inmobles) de natureza Urbana, que tanto esta dando que falar en Maside e supoño que noutros concellos tamén.

O alcalde de Maside, vendo as numerosas queixas dos veciños pola suba tan desmesurada do IBI do 2017, vennos coa REBAIXA, pero chega tarde. Tras a moción presentada polos populares para que o catastrazo non caera outra vez sobre as cabezas dos veciños, o alcalde acorda rebaixar o tipo de gravame xeral do 0,6 ao 0,5, pero non o aplica, tal como se lle pediu tamén, para o exercicio 2017, senón que acorda que como moi pronto non entrará en vigor antes do fin do 2018 principios do 2019, vamos cando se paga o IBI.

Vista a moción que presentamos os populares pedindo unha baixada ata o 0,45; o alcalde e algún dos seus concelleiros o darse conta que se quedaran moi curtos nas súas previsións, andan agora a vender a moto aos veciños que aínda van a baixar mais o tipo de gravame a aplicar no IBI urbano, concretamente falan de chegar ata o 0,4 .

Dende o PP de Maside esperamos que se chegue a cumprir o que predican, polo ben do peto de todos os Masidaos, pero que quede a cousa ben clara, o catastrazo veu a petición do concello de Maside non proposto por Rajoy, Montoro ou o primeiro que se lle pase pola cabeza ao alcalde, que o que normalmente fai, así que deixe de botar balóns fora.

Insistimos dende o PP de Maside en dicir que o alcalde sabía perfectamente que como consecuencia da subida do valor catastral do 2017 o Imposto de Bens Inmobles (IBI) a aplicar no 2017 sería moito mais elevado que o que se viña pagando ata entón e é aquí onde a xestión realizada polo Concello fai augas porque primeiro FIXO CAIXA cobrando o IBI ca suba e despois nos vende que o vai o arranxar coa baixada do tipo de gravame xeral a pagar.

Os populares pensamos que o que se debería haber feito era tomar o touro polos cornos e facer esa rebaixa efectiva no 2017, iso sería unha boa xestión por parte do Concello, porque intentaría diminuír o gasto aos masidaos antes de ter que facer o desembolso dos cartos, que polo que podemos apreciar os veciños, eses cartos nunca mais os volveremos a ver.

Luis Jorge Álvarez Ferro. Partido Popular de Maside.