Cortes de auga en Maside

28, Marzo 2016

Semella que no Outeiro Grande non temos dereito a un servizo tan básico como o da auga. Semella que os que vivimos no Outeiro non temos os xenes que nos fan merecedores, xa non de entrar por unha porta xiratoria como concelleiros dun pobo colindante, senon simplemente de asearnos. 

Resulta insultante que o concello nos peche a auga sen previo aviso, un domingo as catro da tarde, e o lúns sigamos sen auga. Teremos que ir a pedirlle clemencia ó alcalde cacique de turno, pedirlle por favor que nos deixe vivir, que nos deixe asearnos. Ou teremos que preguntarnos, se os máis de 80.000 euros que se leva o ano, non dan pra arranxar as averías.

UNHA VERGONZA, deben estar vostedes moi ocupados contando os cartos da suba do servizo da auga, e os concelleiros con adicación parcial deben estar moi ocupados tomando café e arranxando o mundo participando na alizanza das civilizacións.