A culpa é dos bares, e dos botellóns e festas en pisos

26, Outubro 2020

Esta é unha foto da estación de Atocha ás sete da mañá (vixente o estado de alarma). Vemos hosteleiros servindo cubatas, xoves de botellón, e todos os clichés. Pero ás sete da mañá como saiu o Sol e o covid é un virus vampiro xa non afecta. Ademáis esas mascarillas chinas garanten a transmisión.

Pois nada, durante seis meses contemplaremos a destrucción do sector servizos e seguiremos caladiños porque quén lle di a éstes que a culpa non é de ningún sector. E lamentablemente temos unha agricultora en vías de extinción e una industria raquítica.

O toque de queda é a medida máis absurda pra sociedade do século XXI, tiña sentido no século XXVI, pero en pleno século XXI... Os efectos da destrucción dos motores da nosa economía xenerarán danos pra saúde igual de perversos que o COVID. Ogallá estea moi errado.

Que irresponsables somos, verdade??