Cuña da madeira propia

15, Marzo 2016

O luns catorce de marzo celebróuse o pleno no Concello de O Carballiño.

Entre os puntos da orde do día figuraba a moción de rechazo a instalación de incineración de neumáticos nun monte veciñal en man común no veciño concello de Maside.

A Corporación por unanimidade aprobóu o rechazo a dita instalación.
Como veciño de Maside non acabo de saír do meu asombro. Pregúntome cómo é posible que esta cuestión teña que acabar no salón de plenos do concello veciño. ¿Non temos en Maside un goberno municipal capaz de ventilar as problemáticas propias?

Lamentable a actitude do alcalde de Maside Celso Fernández de oscurantismo e secretismo ó negar información sobre o polémico proxecto, cando se lle solicitóu en varias ocasións.

Lamentable ter que chegar a que veñan os de fora limpar os detritus do noso Concello. Claro, O Carballiño está ó lado e xa hai tempo que o asunto lles cheiraba mal, moi mal.

Lamentable, que Paco Fumega, compañeiro de filas de Celso Fernández, tivera que manifestar na sesión plenaria que "non a queremos nin na comarca, nin por suposto no Carballiño"

Lamentable que o goberno municipal de Maside se aprobeite da súa maioría para tentar facer as cousas sí ou sí, obviando a  vontade dos veciños.

Lamentable que tantos veciños de Maside nos sintamos estafados por Celso Fernández, e que tendoo votado con "v" empecemos a pensar en botalo con "b".

Lamentable, Alcalde de Maside e compañía, moi lamentable.