Denuncias do PSdG sobre as chapuzas da concellería de obras do Carballiño

2, Xaneiro 2013

No Grupo Municipal Socialista temos a firme convicción compartida por cada vez máis veciños/as da nosa vila de que ven de rematar un dos peores anos para a historia recente do  noso Carballiño, xa que baixo o mandato do alcalde Argimiro Marnotes todos os indicadores do nivel de vida dos cidadáns van desenfrenadamente á baixa.

   Tal vez a mostra mais evidente desta falta de capacidade do señor Marnotes e o seu grupo de goberno para dirixir os designios deste concello está no concellería de Obras.

   É rara a semana que non nos atopamos con algún desaguisado xurdido deste departamento municipal, sendo os mais flagrantes nestes últimos días o do asfaltado da ponte medieval do Marañao, monumento catalogado como protexido por Patrimonio e do que según explicou o concelleiro señor Daparte descoñecía este estatus. A pregunta que subxace de forma inmediata é simple; nun concello cun alcalde aparellador, un técnico de obras enxeñeiro e un concelleiro tamén enxeñeiro  e ademais cobrando unha adicación parcial das arcas municipais ¿Canta xente fai falla para coñecer e respetar o patrimonio histórico co que contamos? ¿É de recibo esa excusa sen ningún tipo de esixencia de responsabilidades nun feito de tal gravidade?

  Pero non rematan aquí nin moito menos as andanzas da concelleria de Obras, no propio casco urbán do Carballiño nos atopamos cun parcheo de rúas que roza o tercermundismo, cunha capa de gravilla sen ningún tipo de aglutinamento en vías como a rúa Cerca no entorno da Veracruz ou Aquilino Sanchez na fondo de Flores, ademais de presentarse problemas de baches ao dia seguinte do suposto asfaltado a gravilla salta por efecto do transito de vehículos e ocasiona queixas continuas de conductores e veciños. Por non falar da imaxe que ofrece aos visitantes mais próxima ao seculo XIX que ao presente.

  A esto unimos o abandono total das infraestructuras do rural, que denota a evidente indiferencia que Marnotes e o seu goberno sinten polas nosas parroquias, e engadimos a xestion do Proxecto da Veracruz, incumplindo os prazos marcados por eles mesmos,sen maqueta, sen apenas exposición publica, con imposicións para sacar adiante un proxecto a todas luces moi feble para o que todos desexamos, convertindo o entorno do Templo da Veracruz nun inmenso lameiro con camiños de sábrego…

  Por non falar da imposibilidade de contactar co concelleiro para moitos veciños e veciñas que acuden á casa consistorial para falar con el. Xa que a pesares de recibir un soldo do Concello, non ten ningún tipo de horario de traballo.

  Por todo esto e infinidade de detalles que recibimos en forma de queixas de moitos carballiñeses, o noso Grupo solicita ao señor alcalde que revise o merecemento do salario que cobra este concelleiro do erario municipal e que  lle retire de inmediato esta remuneración  a todas luces inxustificada e inmerecida.

Asdo: Grupo Municipal Socialista do Concello do Carballiño.