A Directiva do Casino nega que estea barallando a posibilidade de vender as súas instalacións

14, Xullo 2011

A Directiva do Casino de O Carballiño, presidida por Don Diego Bernardez, quere aclarar as noticias publicadas nun xornal relativas á suposta intención de vender os locais de dita sociedade recreativa. Dacordo ao novo xeito de actuar da Directiva do Casino de O Carballiño, cuxo fin é fomentar a participación tanto dos socios e socias como dos cidadáns en xeral na vida da sociedade recreativa, decidiuse empregar todos os medios ao seu alcance para poder chegar ao maior número persoas.

 

En consecuencia, o pasado sábado, 9 de xullo, na páxina que o Casino de O Carballiño ten na rede social Facebook, publicábase unha enquisa na que se facía a seguinte pregunta e se facilitaban as conseguintes respostas:

 

“¿Cál cres qué debe de ser o futuro do Casino?

-Vender o edificio e mercar uns terreos para facer unhas instalacións deportivas.

-Liberar a cafetería do Casino para conseguir aumentar os ingresos.

-Facer do Casino a Casa da Xuventude que falta en O Carballiño

-Aumentar as coutas dos socios para mellorar o Casino”.

 

A este respecto, o pasado martes, 12 de xullo, un xornal -edición de Ourense- publicaba unha noticia na que se atribuía á Directiva do Casino de O Carballiño a intención de vender o actual local que a sociedade recreativa ten en propiedade.

 

Neste senso, a Directiva quere aclarar que a idea é unha suposición feita pola xornalista  que, en ningún momento, se puxo en contacto coa dirección deste Casino tratando de conseguir información ao respecto nin sobre outro asunto, polo que a Directiva do Casino de O Carballiño nega que se barallara a posibilidade de poñer á venta os locais da sociedade recreativa

 

Perfil en Facebook

 

Dende a dirección do Casino de O Carballiño insístese que a súa participación en Facebook é un xeito de manterse en contacto cos socios e socias e de tratar de achegar a toda a sociedade ao Casino, intentando sacalo do illamento que moitos cidadáns transmiten, pero non é un foro para a toma de decisións. As redes sociais son un bo camiño para tentar contactar cos máis xóvenes, tan alonxados do Casino de O Carballiño.

 

Dende que está ao fronte do Casino, esta Directiva traballa para abrir esta sociedade recreativa a todo aquel que queira participar nela, ao tempo que pretende que sexa activa, aberta e plural. Neste senso, a dirección solicita a colaboración das institucións, medios de comunicación, empresas e demais, que podan aportar ideas, finanzamento ou novas altas de socios, para que o Casino de O Carballiño tome o impulso necesario para ser un referente participativo na vida cultural, social, deportiva da nosa vila. Polo cal esiximos unha rectificación inmediatamente dende o xornal que realizou a noticia ante o daño que poda estar realizando esta noticia a sociedade.