Do BNG sobre a erradicación do chabolismo na Fontela

25, Marzo 2014

Dende fai moito tempo, a nosa organización amosou a súa preocupación pola
situación socio-sanitario e de imaxe pública que para os intereses do povo
carballiñes supón o asentamento xitano da Fontela,ubicación, que a pesares
de atoparse dentro do límite do termo municipal de Maside , a ninguen se
lle escapa que o impacto a todolos niveis o soporta o noso concello.

Tamen dende as distintas organizacións políticas con incidencia no
Carballiño,todos,sen exclusión,denunciaron no seu momento a situación de
abandono e falla de inciativas que tenderan a solventar ésta problematica.

Ben é certo que non é facil abordar o tema, pero non é menos certo que si
estableceuse un ambicioso plano de traballo tendente a solucionar o problema,
e certamente díronxe pasos extremadamente importantes.

A propia ubicación das futuras vivendas suscitou alarma e preocupación,
pero esto solucionouse consensuando cos veciños e poboadores das chavolas
actuais, un espazo que non suscitara ningunha problemática, LOGROUSE.Salvado
este importante obstáculo,procedeuse a compra deses terreos aos seus
propietarios,quedando ao parecer un mínimo espazo que iase a expropiar ou
ben xa se fixo.O número de futuras casas a construir,foi pactado cos
representantes dos asentados na Fontenla (existen documentos acreditativos de
todos estos pormenores que estan en poder da Xunta de Galiza),mesmamente se
tiña concretado o tipo de vivenda a construir,realizadas en fábrica e
instaladas inmeditamente nun tempo record (menos de 48 horas),para prever o
posible efecto chamada, si se producía unha obra de construcción
clásica.Esta fase ilusionante, foi mesmamente lastrada por intentos de
trabas e boicots,TODOS ELES DETECTADOS, "NON PODÍA O BNG COLGARSE A MEDALLA
DE ERRADICAR O CHAVOLISMO", en fin, miserias desgraciadamente moi frecuentes.

Pero para nos lonse de sentirnos molestos non nos preocupa xa que "auga
pasada non move muiños" e polo tanto,coidamos que a nosa responsabilidade e
a urxencia do tema esixe axilidade e arruallo político na sua abordaxe. A
situación actual, dempois de caseque cinco anos de mandato do Partido
Popular, e certamente desoladora,non soiamente NON SE FIXO NADA, senon que
mesmamente empeorou notablemente a situación. O Concello de O Carballiño
con maioria do PP, está nunha desidia enfermiza, ainda que tanto na Xunta
como no Governo Central governen os seus correlexionarios populares, o
alcalde non sabe, e non contesta si é quen de facer algunha iniciativa
tendente a solucionar a problemática existente, que lastra notablemente a
imaxen dunha das entradas principais ao povo que se presume
turístico-balneario.

É o intre de que o grupo de governo se manifeste con claridade diante do
organismo da Xunta responsable de política social. Se non pode,non o
deixan,non ten alternativa,ou sinxelamente teñen a cabeza "noutras cousas",
o Bloque Nacionalista Galego carballiñes, ofrécese, modestamente,a ostentar
a representación municipal por delegación, e dirixirse de xeito inmediato a
quen lle corresponda, para que, dunha vez por todas se finalice o tan traido
PLANO DE ERRADICACION DO CHAVOLISMO NA FONTENLA.

Con independencia desta oferta do BNG,calquera iniciativa coerente que se
realice nesta dirección, sexa quen sexa quen a realice, contará co apoio
incondicional do BNG, pero urxe un pronunciamento explícito xa, para que
coñezan os/as carballiñeses que se ten pensado ao respeito.Non se pode
escudarse permanentemente en que estamos en crise,xa que a parte mais ardua
do traballo XA ESTÁ REALIZADA E FINANCIADA,e en todo caso as prioriedades
orzamentarias da administracións deben dirixirse especificamente a area
social, ainda co risco que moitos e moitas cidadáns, digan con razón, que
eles tamen necesitan vivenda.

Non se pode aturar mais tal estado de abandono, pero tampoco se pode utilizar
a miseria humana soiamente para sacar reditos electorais, xa que a ninguén
se lle escapa que o colectivo xitano descrito, supuxo e supón unha
estimable bolsa de votos,e para fomentar esta participación nos distintos
procesos electorais, son puntualmente visitados e "mimados e agasallados"
por determinados axentes electorais dalgúns partidos póliticos para que o
seus votos vaian "na dirección correcta" para os seus intereses

As probas nos remitimos

O Carballiño, 24 de Marzo do 2014

O Consello Local do BNG. Marcos Reboredo.