Do BNG sobre "o despilfarro de diñeiro público"

4, Novembro 2014

Dende o BNG lamentamos e queremos denunciar o despilfarro de diñeiros públicos por parte do partido popular, o que estamos asistindo nos últimos días como pode selo asfaltado de rúas céntricas do Carballiño as que non lles urxía estes traballos, excepto a redonda da Alameda, deixando totalmente abandoadas outras rúas que si lles urxen melloras como a Estrada de Mesego e tamén criticamos este malgasto de fondos públicos na construcción das Pistas de Padel onde o concello vai pagar 12500 euros ademáis da subvención da Xunta de Galicia, dende o BNG estamos a favor do deporte pero nestes intres onde o Partido Popular está recortando gasto social e privatizando os servizos sociais pois adícase a gastar os fondos públicos en cousas que poden esperar e ademáis recordarlle o concello do Carballliño o aspecto ruinoso no que se atopan certas infraestructuras deportivas da nosa vila como pode ser Pena Cobertoira e as deficiencias existentes no Pavillón de Deportes xa que existen goteiras no mesmo.

O responsable local, Marcos Reboredo.