Do BNG sobre a organización da andaina do polbo

2, Agosto 2015

Dende o BNG lamentamos profundamente os erros organizativos da Festa do Polbo como o q aconteceu o pasado domingo onde se organizaba a IV Edicion dunha Andaina da q estaba programada a súa saída para as nove da mañá pero por cambios de ultima hora pois mudouse a hora para as 10 da mañá non habendo alí no lugar de saída ningún representante do Concello para informar deste cambio. Como alí había xente doutros lados da privincia e mesmo algún turista esperamos q estas circunstancias non se volvan repetir para non perxudicar a boa imaxe da Festa do Polbo epor conseguinte do Carballiño