Do Partido Popular sobre "a censura" dos socialistas do concello do Carballiño

14, Agosto 2015

Os populares do Carballiño tentamos sempre acudir a tódolos actos públicos que se organizan dende as diferentes institucións, calquer evento organizado polo concello, pola diputación ou pola Xunta de Galicia, e tamén ós organizados por calquer colectivo ou asociación (como pode ser a asociación de pulpeiros) xa que o lóxico é pensar que estos actos son de interese xeral dos cidadáns, por eso non entendemos, que vivindo nun estado democrático onde caben absolutamente tódalas persoas, que sexa un grupo político, que na actualidade está gobernando o noso concello, e dicimos, gobernado en minoría, os que non desexen que o resto de concelleiros dos diferentes grupos políticos que formamos a CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CARBALLIÑO, asistamos de forma pública a estos acontecementos sociais, como pode ser a FESTA DO PULPO (a mais multitudinaria de GALICIA, e das mais importantes de ESPAÑA) por ciumes ou o que sería peor, tentando censurar a nosa presencia tanto públicamente, polo feito de aparecer nestes actos, como non querer que saiamos nas fotos que toman os medios de comunicación e que publican de forma democrática, medios que son independentes, e que non están ás órdenes de ninguna institución, e polo tanto non están ás órdenes do goberno do CONCELLO DO CARBALLIÑO.

Dito esto, chámanos moito a atención que os socialistas do carballiño, falen de saltarse, e refírense ó portavoz dos populares do carballiño, o protocolo institucional, querendo decir, enténdese, que non vaiamos a actos públicos, nin nos poñamos nos obxetivos das cámaras dos medios de comunicación, xa sexa prensa, radio, televisión ou redes sociais.

Vexamos como denuncian que o anterior alcalde e promotor da SEMANA DA FESTA DO PULPO, Argimiro Marnotes, asiste a un acto organizado pola asociación de pulpeiros, e que os gobernantes do concello, e falamos dos socialistas, e lembramos novamente que gobernan en minoría, chámanlle acto institucional como se o concello o organizara, cousa que non é certa, xa que quen o organiza é a ASOCIACIÓN DE PULPEIROS, facendo un comunicado ós medios decindo que ó portavoz do grupo popular non está convidado.

Sorprende a valentía do grupo de goberno socialista do concello facendo estas afirmacións, coas que  pretende censurar os grupos da oposición.