Do Partido Popular sobre "intento de trato de favor" no concello do Carballiño

20, Abril 2018

Unha vez posto de manifesto publicamente que o Concelleiro de persoal, Adolfo Nogueira, redacta en documento público que a súa compañeira do grupo municipal do PSdeG-PSOE Rosario González, exerce as súas funcións como concelleira de Medio Rural neste Concello tendo un horario de 8 a 15 horas de luns a venres, para que poida ser acollida en diversos programas de conciliación do Concello e mesmo no comedor escolar da Uceira, dende o Grupo Municipal do Partido Popular no Concello, denunciamos o seguinte:

1) Non é quen o Concelleiro Adolfo Nogueira, para poder informar sobre o traballo que desenvolve, ou non, unha compañeira súa de Goberno, pois si é dubidoso que o puidera facer sobre calquera traballador con contrato en vigor, o que si e certo que el, por moitas competencias que se queira atribuír, non pode facer o que fixo. Todo persoal contratado ou non, para xustificar a súa presenza no Concello, só ó pode facer por medio de certificado da propia Secretaria do Concello. E máis, nin o propio Alcalde sería quen de informar semellante cousa

. 2) Isto faise entre ambos concelleiros Adolfo e Rosario, a sabendas de que vai a ser utilizado para servizos de conciliación propios do Concello, como “Bo día Familia” e “Verán Divertido”, así como para o servizo de comedor da Uceira e sabedores ao mesmo tempo de que non existe contrato algún de traballo entre Rosario e Concello.

3) O feito de informar premeditadamente este documento, presentarse, e ser aceptado tanto nos programas de Conciliación do concello como no comedor, xera con toda seguridade, inxustizas con outras familiar do pobo que ven que con máis “dereitos reais e xustificado” se quedan fora, pasando a formar parte da lista de espera destes servizos.  Os servizos de “Bo día Familia” e “Verán Divertido” que se organiza na área de Servizos Sociais e Igualdade do Concello, están expresamente planificados para familias que teñan a necesidade REAL de conciliar, xustificándose por medio dos contratos dos traballos, e exceptúase as familias que xa foran derivadas a servicios sociais por outras cuestións de emerxencias sociais ou similares. No caso do Comedor escolar “onde por certo o Concelleiro afirma que xa firmou este documento o ano pasado e serviu para ter praza no Comedor para este ano” requírese de igual forma a xustificación do traballo e a lista de reserva neste comedor é ampla cada ano e aquí o prexuízo para outras familias que están en lista de espera.

4) Pedimos explicacións do sucedido por rexistro, ante o que consideramos un intento de TRATO DE FAVOR entre compañeiros de Goberno municipal en detrimento doutras familias do pobo e que dean traslado ao Consello Escolar e ANPA da Uceira.