Do Partido Popular sobre o despido nulo dun traballador no concello do Carballiño

23, Marzo 2017

Dixémolo en decembro.

Xa o dixemos tamén a principio de Marzo.

E agora, a mediados de Marzo temos que voltar a falar do mesmo, máis agora cunha nova sentenza que vai no senso xa pronosticado polo Grupo municipal do Partido Popular, de que o monitor de tenis podería conquerir a indifinición ou nulidade do seu despido.

O pasado día 6 de marzo dende o Partido Popular presentamos unha serie de preguntas sobre esta cuestión, que como outras moitas, quedan sen contestar por parte do Goberno municipal. Pedíamos daquela, informe de secretaria sobre o derradeiro contrato que facilitóu o traballo continuado deste monitor así como copia de sentencias que fosen saíndo.

Agora o Concello conta cunha sentenza que fala de NULIDADE DE DESPIDO POR PERDA DE DEREITO FUNDAMENTAL DE GARANTÍA DE INDEMNIDADE, polo que este traballador pasa a ser traballador do Concello de forma definitiva e na condición de indefinido.
No ámbito das relacions laborais, a garantía de indemnidade se traduce na imposibilidade de adoptar medidas de represalia derivadas das actuacions do traballador encamiñadas a obter xudicial ou extraxudicialmente a tutela dos seus dereitos.
Entrando na sentenza, se di, entre outras cousas:
Que se debe estimar a demanda de despido nulo, pois acreditouse a vulneración da garantía de indemnidade, e a actitude represiva por parte do Concello, pois consta acreditado documentalmente que o demandante interpón a reclamación previa, en data

7/11/16 e o 22/12/16 se lle comunica por parte do Concello do Carballiño que en data do 31/12/16 quedará rescindida a todos os efectos a súa relación co concello, sen que a maiores conste causa maior para a extinción da relación laboral, incurrindo o Concello en fraude procesal, posto que extingue o contrato, permanece sen traballar durante 15 días, e transcurrridos estos se formaliza un contrato con outra empresa, a entidade MAIS ESCOLA XXI, ACTIVIDADES DEPORTIVAS, CULTURAIS E DE OCIO SC, que depende do Concello do Carballiño, cunha duración dende o 14/1/17 hasta ó 28/2/17, contrato que queda comprobado que é para atender aos mesmos alumnos , coas mesmas tarefas que viña facendo, e na mesma xornada laboral e horarios, e ademáis aos alumnos non se lles avisóu dende a empresa que contratóu ao demandado , senón que foi por medio de chamada telefónica dende o Concello.
En Consecuencia, queda acreditado que se despediu, contratándolo de novo 15 días despois para realizar prácticamente o mesmo, aproveitando o subterfuxo da contratación a través dunha empresa do Concello, é evidente que non existe causa para o cese, producido por unha clara represaría (transcurriron escasos días entre a reclamación previa efectuada e o cese), sendo o certo que a relación laboral segue igual, por todo elo se estima acreditaddo, acudindo asimesmo ás presuncions previstas na LEC, que foi ante reclamación do traballador, cando o Concello reacciona dándolle a baixa sen causa xustificada, todo elo en vulneración de dereitos fundamentais.
Queremos saber neste caso que foi o que incitou ao concelleiro de Deportes a tomar todas estas decisión equivocadas e que unha vez encadenadas leva a nulidade do despido, se foi por revanchismo, se foi por estar mal asesorado, ou foi por un arrebato do momento. Claramente primeiro se toma unha mala decisión, despedindo a quen xa presentara reclamación previa, logo amenázase públicamente de que non podería traballar no Concello antes de esperar sentenza algunha e logo para máis inre fai todo o contrario facilitando oa demandado o mesmo traballo que viña facendo por medio dunha empresa externa e que claramente se puxo a disposición das conveniencias do Concello.

Para o Partido Popular produxose un abuso de poder por parte dalgún responsable municipal, pendente de saber si por parte do Concelleiro de Deportes, do Concelleiro de persoal ou o mais probable de ámbolos dous xuntos, no que se podería chamar “CHAPUZA TRANSVERSAL”, unha mais en materia de persoal, que nos está a costar a todos os vecinos e veciñas do Carballiño, moitos cartos.