Do Partido Popular sobre a oferta na Escola Municipal de Fútbol

19, Agosto 2015

O Partido Popular do Carballiño, ante a preocupación dalgúns país de rapaces en edades Pre-Benxamin (6 e 7 anos), os cales ven a imposibilidade de anotar aos seusf illos na Escola Municipal de Fútbol, unha vez que saiu o comunicado napáxina web do Concello afirmando que “Os nenos de iniciación e prebenxaminscomezaránnadisiciplina de futbol sala, para despois, na categoría de benjamín, e si eles queren, poden pasar xa a futbol”, exíselle ao grupo de goberno e en particular ao concelleiro de deporte que rectifique. Hai que lembrar que en xuño, o Concello do Carballiño, xunto co C.D. Arenteiro, repartira uns carteis anunciando a inscrición na tempada 2015/2016 para que os nenos e nenas entre 6 e 7 anos se anotaran para dita escola.

Non entendemos por qué agora se lle nega esta posibilidade aos nenos e se lle obligue a elixir fútbol sala, sobre todo cando o ano pasado 8 nenos de pre-benxaminxa disfrutaran da disciplina do fútbol naescola municipal, e incluso competindo, coclube deportivo Arenteirona competición federada.

A normativa dí que ata 4 nenos en edade pre-benxamin poden xogar a competición de Benxamin, lembrándolleao sr. Dacal que o ano pasado a escolativo 2 equipos en esta categoría.

En resumen, soamente pedimos que aos rapaces que teñan entre 6 e 7 anos, se lles dé a oportunidade de  elixir a disciplina que desexen, xa sexa fútbol ou fútbol sala, ou as distintas modalidades que este ano ofrezca a área de deportes, xa que sería un paso atrás frenar as opcións dos nenos e nenas do Carballiño que queiranf acer deporte, notándose por parte do grupo de goberno unha total improvisación na materia de deportes, unha vez que se publica a finais de xuño unha cousa e en agosto outra, algo que non nos extraña despois de ver como foron organizados eventos como os campionatos de verán na pista vermella ou a andaina do pulpo.