Do PSdeG-PSOE sobre a actitude do Presidente da Mancomunidade de Concellos do Ribeiro

12, Outubro 2017

Os Portavoces do PSdeG-PSOE nos Concellos de Leiro,Arnoia,Beade,Cenlle e Cortegada que están integrados na Mancomunidade O Ribeiro, queren rexeitar as ameazas do presidente desta Entidade para intentar calar as críticas políticas lexítimas e plenamente xustificadas sobre a súa xestión económica.
Os Portavoces socialistas fan responsable desta situación ó Presidente Francisco Fernández, que con tantos cargos non da atendido ningún.
Así informan que os custes nos servizos que presta a Mancomunidade teñen un custe excesivamente alto como xa demostramos recentemente.Iso sucede na maioría dos servizos, a pesar das numerosas axudas que lle teñen que dar Xunta e Deputación para evitar que deixen de prestarse.E isto causa que os veciños teñan que pagar uns custes maiores que nos outros concellos próximos polos mesmos servizos.

A mala xestión económica foi o que motivou que se foran da Mancomunidade Ribadavia,Avión,Castrelo de Miño,Melón....E os que quedan están por razóns partidistas.
Por elo é necesario que os alcaldes dean conta nos plenos dos Concellos desas decisións e respondan ante a Corporación que representa ós veciños que pagan.
Tódolos alcaldes do PP son responsables desta situación.Non teñen nada que dicir porque o Partido Popular non permite que haxa representantes da oposición neste organismo, e ten a totalidade dos 10 representantes no pleno.
Esta situación crea asfixia política e impide que se saiba o que sucede e que haxa transparencia nas decisión que toman.
Esiximos que se modifiquen os acordos que impiden que as forzas da oposición forme parte do Pleno da Mancomunidade e que se lle dea conta dos acordos que se toman, xa que elo é contrario á Constitución e os principios democráticos.
Por elo os Concelleiros Socialistas dos 5 Concellos integrados na Mancomunidade requiren a Francisco Fernández para que deixe de coaccionar e si quere facer denuncias que as pague cos seus cartos e non utilice a presidencia para perseguir a oposición no seu Concello.
Que saiba Francisco Fernández que o portavoz socialista en Leiro ten toda a solidariedade e apoio dos concelleiros socialistas e de todo o PSdeG na comarca do Ribeiro. E se quere preitos e denuncias que pensen él e os alcaldes que ameacen que igual lle aplican a mesma receita.