As Donas do Varón

29, Xaneiro 2018

Son un veciño de San Félix de Varón e gustariame matizar a denuncia do Sr. Concelleiro de Leiro en relación a devandito monumento. Como veciño e cidadán que paga os seus impostos lamento o estado de deterioro e abandono de dito monumento tanto como que a marquesina que hai na parada de autobuses leva anos sen teito e sen algunha das suas paredes de cristal ou metacrilato. É certo que este monumento xa levaba tempo presentando defectos visibles na sua estructura polo paso do tempo a intemperie e que este último temporal acabou por facelo torcer notablemente con risco visible de poder caer o chan no seguinte temporal. Se un vai en coche e ve este monumento como se mostra na imaxe, pode pensar o que nos conta o señor concelleiro, pero a realidade non e así. É de supoñer que a foto non a fixo dende un coche en marcha e polo menos se baixou fora a facela. Calquera que vexa a imaxe dase conta que non hai burato algún diante dos ferros que fan de base, se o monumento fose deitado  pola forza do aire caeria para un lado ou para outro pero sempre quedarían os pes do monumento metidos no burato, zapata ou elemento utilizado para a sua colocación. Na foto tamén se poden ver rodaduras de maquinaria pesada na zona. A realidade é que a empresa Extraco está desbrozando todos os taludes e camiños de servicio da carretera e foron eles os que vendo como estaba o monumento o baixaron a terra. Confio en que sexa restaurado como merece e volto a colocar no seu sitio.

Por politicos así a xente deixa de creer na politica, sempre buscando o mal para tratar de conseguir algún rédito politico. É lamentable que un politico sabendo o estado do monumento non faga nada ata que o ve no chan e se inventa unha noticia para sacar beneficio personal ou partidista. 

Por certo, o monumento de Vieite xa leva uns anos con un lixeiro pero apreciable desplome na sua estructura dende a base, non espere vostede ou desexe que vaia o chan para volver facer unha denuncia. E mellor facer un informe con anterioridade e comunicarllo as autoridades competentes. Se despois diso cae e non se fixo nada, ahi vostede pode poñer a caer dun burro o partido ou conselleiro que lle corresponda, pero non antes, e poderá ter un beneficio politico porque a xente valora as cousas ben feitas.

Hoxe o que queda retratado é vostede.