E iso... ¿Qué ven sendo?
Temos en Maside algo que parece ser un monumento á ineptitude e que se podería incluír nesa gran cesta das obras públicas absurdas como son , gardando as oportunas distancias, aeroportos sen avións, hospitales que non abren, casas da cultura sen cultura e unha ringleira máis de despropósitos.
Leva varios anos ahí e aínda non se sabe que é ou qué quixo ser. Simplemente está ahí coma o que é: un mamotreto absurdo, un canto á inutilidade, un estorbo. Unha morea de cartos criando mofo e vendo pasar o tempo coma unha proba máis da, incompetencia e a desidia municipales.
Ese óbice de cemento, ese adefesio, esa xigantesca deposición urbanística atópase ahí sen máis. Non da ningún servizo público nin se obtén del aproveitamento algún para a veciñanza.
O único consuelo que queda é saber que alo menos todo o gasto que se fixo tanto en material de construcción como de ferretería necesarios para erixir semellante disparate, quedóu en establecementos do pobo... Faltaría máis!!