EDIFICIO ABANCA EN MASIDE
Como veciño de Maside teño que dicir que as manifestacións feitas en relación as últimas novas desta construcción son irrefutables. Como usuario de Abanca aparte de estar cabreado co trato e horarios que se nos da na oficina, estou perplexo porque so saben de normas e leis cando as temos que cumprir os cidadáns. Sabía que algo non estaba urbanísticamente correcto a raiz da colocación la lona reivindicativa na construcción colindante. O que non sabía é que Abanca era o propietario da contrucción. Prefiro non imaxinar como Abanca chega a ser propietaria desa construcción. Unha cousa que acabo de comprobar desde a sede electrónica de Catastro é que efectivamente a construcción non ten división horizontal e o seu uso é de almacén.
Gustariame que alguén do Concello dea a cara e me responda as seguintes cuestións:
Como é posible que Abanca esté pagando o recibo IBI por almacén? Cando ten uso comercial.
Ten licenza de actividade a sucursal? Se é así, como é posible que teña licenza de actividade e que o uso se manteña como almacén. E máis despois da última revisión de catastro que tivemos no Concello que se revisaron e actualizaron unha chea de construccións que levaban anos sen pagar impostos pola situación real.
Non se pode tolerar que a entidade bancaria pague o IBI da superficie do baixo como almacén cando tería que pagar como comercial.
É unha vergonza.