EPIDEMIA EXPLOSIVA

5, Abril 2020

Dende logo non son especialista en Epidemioloxia, pero como estes días se algo sobra é tempo, teño consultado con xente que sabe moito acerca de a quen nos enfrontamos. E todos coinciden que hai que facerlle fronte sobor de todo co aislamento. Ante un positivo, estudar todolos contactos e aislalos inmediatamente.  Por algo se chama Explosiva. De non facelo, non hai forma e facerlle fronte o virus. E sobra dicir os efectos que teria no rural da nosa comarca.  Pois ben ante esta situación de máxima urxencia resulta que imos quedar catro dias sen médicos nos centros de saúde. Xoves, venres, sábado e domingo, cando estamos tendo positivos todolos días. Secadra o luns cando volten á consulta xa é tarde.  Asi que dende a Xerencia de Atención Primaria esperemos tomen medidas para evitar este desastre. En maiúsculas. ATENCION NOS CENTROS DE SAÚDE XOVES-VENRES-SÁBADO E DOMINGO.