Escaso sentido do ridículo do PP de Maside

20, Xaneiro 2018

Din agora os do PP, despois de que a caradura do alcalde fora denunciada aquí, que a culpa do catastrazo é do alcalde de Maside.

Non "señores" do PP. A culpa do catastazo é do "Sr. Montoro". Ao PP gústalle moito sablear as clases medias baixas e as baixas, e para subvertir sobres B, sacou este coello da chistera. Sobres B, e hoteliños en Ourense pra prometer o ouro e o mouro a rapazas.

A culpa do alcalde é  decir que o superávit permite baixar o tipo impositivo, e que esta é unha boa inversión. Se tiverades algunha noción, entenderíades que a mellor inversión é amortizar a débeda. E se souperades onde mirar, entenderíades que ese superávit, moi probablemente sexa unha propaganda do alcalde. Xa o miraremos cando envíe as contas ao Consello de Contas (Tribunal de Contas galego para que os enteredes o PP de Maside do que é).

Pero que digades que o catastrazo é culpa do alcalde é ridículo. Será un luxo ver no futuro ao novo candidato elexido a dedo polos de sempre, defender o poswtulado de que o catastrazo é culpa do alcalde e non de Montoro.

MIrade muchachos e muchachas do PP. A inmensa maiioría de Maside ten moito máis cabeza que vos, pra que teñades a caradura de vir agora vos a enganar á xente.