Eso, a ver se nos enteramos

6, Marzo 2018

Porque hai incongruencia no que dis. Por un lado dis que a estratexia (do concello) para que quen ten competencias sobre as políticas activas de emprego (a Xunta)  enfoque axeitadamente cales son as necesidades do mercado laboral en canto á formación dos futuros traballadores foi errónea  (no que podo estar de acordo con matices porque o mercado laboral é cambiante e todo nicho de mercado colapsa, e chegará un momento en que os cursos de soldadura sobrarán polo que hai que analizar todo no seu preciso contexto).

Pero dis, e aquí radica a incongruencia, que o PP tiña deseñadas as estratexias para os anos que gobernou e pra máis anos (do que se deduce que formas parte do goberno do PSdeG e atopacheste co estas estratexias erróneas cando chegaches). Pois ben, eso digo eu A VER SE NOS ENTERAMOS!!! Non mezclemos churras con merinas ¿Competencias en politícas activas de emprego? A Xunta de Galicia ¿Estratexias para a solicitude de cada tipo de formación? O Concello ¿Pode un concelleiro da area de emprego establecer as estratexias dos futuros gobernos? Non, a non ser que forme parte dese futuro goberno municipal. Polo tanto o dato ese de que os do PP tiveran deseñadas estratexias erróneas para o futuro é irrelevante, do mesmo xeito que é irrelevante as que teñades vos se non repetides mandato, porque quen goberne nun futuro, en virtude da potestade que lle será propia, deseñará as súas propias estratexias.

E repito, relacionar a evolución do mercado de traballo coa xestión municipal, é un arma de doble filo e un xogo perigoso (Moitas razóns apuntalan esta premisa: Complexidade do mercado laboral, mínimo impacto da xestión dun concello das dimensións do Carballiño sobre o mercado, etc...)

Parabéns polas cousas que se estén facendo ben, pero menos autobombo e pasteleo, porque as cousas non están para tirar cohetes. Vese demasiada propaganda de autobombo no diario La Región. Diario que vive prioritariamente dos cartos que lle inyecta a Deputación, e de concellos como o do Carballiño que adica unha parte non pequena dos seus orzamentos en este tipo de campañas. Os recursos, sempre escasos, deberían ser susceptibles de usos máis productivos.