Estranos Arranxos de partidos, malos para os veciños

31, Xaneiro 2019

Non debemos ser tan ilusos como para pensar queos nosos políticos traballan todos acorde a un ideal, ainda que temos a sorte de contar con algún o noso arredor. Algún que Verdadeiramente os veciños son o primeiro. Pero dende logo que hai anos xa que non vía o descoque dalgun. 

Esa mezcolanza de uns que van e volven, que se enfadan, que dimiten, que se cambian. Bueno, sinceramente, pensades que os votantes somos idiotas? Imaxino que si porque no caso contrario en lugar de andar coas vosas trifulcas estariades traballando para defender os dereitos de todos.

A que se organizou con Adolfo do Psoe do Carballiño se vai sumar a que vai facer o Pachi a nivel Comarcal? Tocando concelleiros máis ou menos desilusionados, que si Francisco Fraga  en Piñor, aquel outro en Maside, e o colmo dos colmos me parece Boborás, seica que pretende enterrar MoveBoboras e resucitar a Eva Pardo nunha nova alianza de ezquerdas. Francamente con estas noticias e alianzas a principios de febreiro, me pregunto si Verdadeiramente de aquí a maio apareceran os políticos que queiran traballar de verdade a prol da nosa comarca. De momento case todo semella un desatino.