Falan de facer unha rotonda na Avda. de Compostela

17, Maio 2015

Falan de facer unha rotonda na avda. De Compostela .......seguimos igual. Din que hai que pedir axudas da xunta para solucionar o grave problema das inundacions nesta avda. e despois queren gastar os cartos en tonterías e monumentos as polbeiras. Sin palabras : monumentos e un pouco mais arriba a merdiña saindo polos sumidoiros e ( non só cando hai tormentas senon cando chove de forma continua) deixando todo feito un desastre. Cando non se quere solucionar os problemas non se quere. Porque diganme como hai cartos para monumentos, rotondas que ninguen demanda, casas soto e do papel, e non hai para arranxar as miserias do pobo.Engalanar e maquillar mentras a infeccion  apodrece o interior........Como nos gusta aparentar o que non somos. Primeiro solucionarlle os problemas ós veciños e se sobra facemos festas. Pero non se sabe porqué nunca se fai asi.  O caso e que esto pasa coa dereita,  coa esquerda , co centro e coa petiferia. SENTIDIÑO SRES. POLITICOS.