As falsedades do PSOE de Maside

4, Novembro 2011

 O Partido Popular de Maside quere desmentir como radicalemente falsas as declaracións de D. Celso Fernández López no diario a Rexión, nas que faltando á verdade, imputa a D. Casimiro Campo o feito de percibir 2.000 euros en dietas mensuais cando o Partido Popular gobernaba o concello de Maside. Para desmentir estas falsedades vertidas por D. Celso Fernández López, D. Casimiro Campo solicitou no concello de Maside certificación de todolos ingresos percibidos ata a data de hoxe. Dita certificación foi asinada polo  Secretario-Interventor, e pola alcaldía, posto que ocupa D. Celso Fernández López. E pódese ver que os ingresos percibidos por D. Casimiro Campo non teñen nada que ver coas falsas declaracións de D. Celso Fernández López.

O Partido D.Popular de Maside está esperando un desmentido oficial de D. Celso Fernández López, xa que as suas declaracións non se corresponden coa certificación de ingresos percibidos, as que como alcalde asina. O que  resulta unha paradoxa difícil de conciliar.

As declaracións de D. Celso Fernández López pódense ler no seguinte 
enlace:  
http://www.laregion.es/noticia/177889/maside/despilfarro/gasto/telefono/

E os verdadeiros ingresos percibidos por D.Casimiro Campo, pódense ler na certificación asinada pola mesma persoa que faltou á verdade coas suas falsas declaracións. 
http://ppdemaside.com/wp-content/uploads/2011/11/Todos-los-ingresos-de-C...