Grazas aos chinos

31, Marzo 2018

Levaba tempo sen tentar aparcar na Rúa Enriquez Parrondo e desta volta, conseguino. Dende hai moito tempo, moito xa que poderían explicar o por qué se permitiu ata tres alcaldes, ocupaba unha ou quizais dúas prazas de aparcamento unha rampa de cemento, si, algo moi usual para reservar paso de carroaxes sen o preceptivo vado. Agora desapareceu e puiden aparcar, si, o triste é que non llo podo agradecer aos gobernantes municipais, teńo que agradecerllo a un empresario chino que lle dou por abrir negocio e arrincar despois de moitos anos a xa innecesaria rampa de cemento instalada sobre a rúa, si, sobre a rúa.

A partir de hoxe cando aparque nesa zona da rúa direi: "Grazas aos chinos"