Intervención do Xefe de Policía Local II

8, Maio 2024

Escoitando ó Xefe da Xefatura da Policía Local animeime a escribirvos.

Pode extraerse do que dixo como funcionan as cousas no Carballiño e supoño que no resto da provincia. Non me vou extender neste respecto, merecémonos o que temos. Entre que a xente é incívica e caciquil, temos uns políticos que van en sintonía cos cidadáns, todo se move por intereses e poder, etc. E a xente de a pé sen servir.

O pobre Xefe da Policía Local e os subordinados, moitos intentarán cumprir as súas obrigas con profesionalidade, pero con este panorama complicado. Só os animo a seguir facendo o correcto e a seguir pelexando, a non ser condescendente con un mesmo, que mo pareceu en algún momento por parte do Xefe da Policía, seguramente por resignación ou desmotivación, pero anímoo a seguir adiante.

Polo resto, se non valemos o que está claro é que non se pode poñer un policía por cada cidadán ou político. Se nos comportáramos como en Suíza, Alemania, etc., xa non existirían o 80% dos problemas, e nos que existisen cando o policía fixera o informe e llo mandase o político, arranxaríao sen excusas, pero vainos o mambo.

Para rematar poño un exemplo e demanda. Como dou a entender o intervinte, ata que morra alguén e saia na prensa, ó político e cidadán non se lle van remexer as entrañas.

Catro Camiños, os cidadáns cívicos como teñen presa en esperar no semáforo métense a dereita pola rúa da Fonte, é legal non digo o contrario, non tanto a velocidade, non vaia ser que se demoren. Outra cuestión é se a Rúa da Fonte é a máis idónea para asumir ese tráfico e a esas velocidades as que van (de momento varios accidentes de coches). Para rematala, a alguén (dudo que fose un técnico, apostaría que foi por orde de un político para contentar a algún veciño, así funcionamos…) ocurríuselle a brillante idea de mover os contedores xusto na esquina do paso de cebra. A visibilidade dos peatóns e moi reducida, nin querendoo se pode facer como dixo o Xefe da Policía. Os coches tamén ven a súa visibilidade reducida e contando con eses cidadáns que teñen tanto apuro un día pasará algo. A min case me pasa, parei, mirei, asomeime e o coche nin parou e eu xa levaba un tempo esperando, pero ainda así non me viu, levaba presa o taxista.